Menu Xerais

Marcos Calveiro, protagonista

Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012, é hoxe protagonista de Tendencias de El Correo Gallego.

 

XXVII Premio Merlín de Literatura Infantil. É hoxe o noso protagonista o escritor Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968) quen recibiu o galardón do XXVII Premio Merlín de Literatura Infantil, convocado por Edicións Xerais e dotado con 10.000 euros. O xurado concedeulle por unanimidade este galardón o pasado 9 de xuño nun acto literario-musical celebrado na Illa de San Simón pola súa obra Palabras de auga. Comentou que nesta novela se narra, por medio de continuos flash-backs que artellan a historia, a aventura iniciática de Amadou, un neno suahili de once anos que atravesa o deserto, xunto co seu clan, fuxindo da miseria e violencia do seu país. Salientou a solidez, estrutura, lirismo, calidade literaria e diálogo intercultural dunha obra na que se fai un retrato do ser humano e do seu comportamento en condicións estremas nunha “viaxe cara ao interior da África máis pura, pero tamén cara ao propio eu”. ELOS

Deixa un comentario!