Menu Xerais

«O derradeiro dos mohicanos«, de Fenimore Cooper: a imaxe romántica dos feroces e valentes indios peles roxas

El Correo Gallego publica na sección Protagonistas elixidos o libro O derradeiro dos mohicanos, unha novela traducida ao galego por Xela Arias en 1993 para a colección Xabarín: «unha colección dirixida ao lectorado xuvenil que recolle autores clásicos universais. Esta obra, a única do autor que pode lerse en galego, forma parte da serie de cinco volumes Leatherstocking Tales. En-cádrase no realismo colonial e a ficción histórica ademais de ser transmisora da romántica imaxe que o público garda dos feroces e valentes indios peles roxas grazas a unha historia na que Ollo-de-falcón e a tribo dos Mohicanos loitan no contexto da guerra franco-británica polo control do territorio norteamericano.

A información completa pode verse aquí en pdf.

 

Deixa un comentario!