Menu Xerais

Arquivo anual: 2012

O CPI Progreso de Catoira recomenda «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón

O blog dos Equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística do CPI Progreso de Catoira recomendaron para este curso escolar libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón.

Presentación en Rianxo de “Poñente”

O venres, 27 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Rianxo, rúa Autores da Rianxeira, s/nº no Parque de Galicia de Rianxo, terá lugar a presentación da novela Poñente de Pere Tobaruela. No acto, organizado pola Asociación Barbantia e Xerais, participarán Xesús Laíño, Carlos Mosteiro, Ana Isabel Boullón, Manuel Bragado e Pere Tobaruela.

«Fantasmas de luz»: Un «timeline» do noso tempo. Crítica de Ramón Nicolás sobre o libro de Agustín Fernández Paz

«Fantasmas de luz»: Un «timeline» do noso tempo. Crítica de Ramón Nicolás sobre o libro de Agustín Fernández Paz

Ramón Nicolás publicou nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz. Un «timeline» do noso tempo Agustín Fernández Paz colleita, nos últimos tempos,  éxitos e recoñecementos literarios que non teño dúbida en valorar como xustos e ben merecidos.

Os «Relatos de terror», de H. P: Lovecraft, un novo libro na colección Xabaril

A colección Xabaril acolle a reedición dun novo título, actualizado, entre as novidades de Xerais do mes de xaneiro: Relatos de terror, de H. P. Lovecraft.

Presentación en Santiago de “Luís Soto. A xeira pola unidade galega”

O mércores, 25 de xaneiro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Luís Soto. A xeira pola unidade galega de Xurxo Martínez González. No acto acompañarán ao autor Víctor Santidrián e Manuel Bragado.

A exclusión social en «Fantasmas de luz», de Agustín Fernández Paz. Artigo de Ruth Fernández

Ruth Fernández publicou en Galicia Hoxe un artigo de opinión sobre Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz.   Fantasmas de luz Durante as vacacións de Nadal, recibín no meu fogar a última obra de Agustín Fernández Paz, un agasallo que sempre me produce unha enorme satisfacción cando chega ás miñas mans algunha novidade do seu creador, como ben sabe Agustín. Grazas, de novo.

A figura de Celso Emilio Ferreiro centra hoxe un acto do Club Faro

A figura de Celso Emilo Ferreiro centra un acto que se celebrará esta tarde no Club Faro e no que intervirán o presidente da RAG, X. L. Méndez Ferrín; o biógrafo do poeta, Ramón Nicolás; e os fillos do escritor celanovés Isabel e Luis Ferreiro Loredo. O acto será presentado polo director de Xerais, Manuel Bragado.

«A illa do tesouro», de Stevenson, novidade do mes de xaneiro en Xabaril

A colección Xabaril acolle a reedición dun novo título, actualizado, entre as novidades de Xerais do mes de xaneiro: A illa do tesouro, de Stevenson. Un mociño inglés do século XVIII vive e conta neste libro, clásico no seu xénero, unha aventura extraordinaria.

“Despois da medianoite” de Salma, no Club de Lectura do Centro de Documentación Feminista

O mércores, 25 de xaneiro, o Club de Documentación Feminista do Concello de Vigo e Implicadas no Desenvolvemento, organizan o club de lectura sobre o libro Despois da medianoite da escritora tamil Salma e traducido ao galego pola escritora e tradutora María Reimóndez. O encontro terá lugar na Biblioteca Central, rúa Joaquín Yáñez, 6 de Vigo.

A golpe de mochila e co espírito de Tom Sawyer. Crítica de Ramón Rozas sobre «Cita en Fisterra», de Luís Rei

Ramón Rozas publicou na Revista! do Diario de Pontevedra, unha ampla recensión crítica sobre Cita en Fisterra, de Luís Rei Núñez. O «espírito Sawyer» de Luís Rei Apañamos a mochila e a carón de Luís Rei (A Coruña, 1958) percorremos a Costa da Morte, espazo mítico da nosa identidade galega ao que o escritor rende homenaxe como devolución do moito que este lle ten dado.

A biografía de Celso Emilio Ferreiro que prepara Ramón Nicolás botará luz sobre cuestións descoñecidas

Ramón Nicolás adiantou, nunha conferencia no Ateneo de Santiago, algúns dos aspectos que guiarán o perfil da súa documentada biografía de Celso Emilio Ferreiro, que Xerais publicará na próxima primavera. Reproducimos a información que publicou Fran P. Lorenzo en El Correo Gallego.

Presentación no Barco de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos”

O luns, 23 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, rúa Dequidt, 6 do Barco, terá lugar a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón. No acto, organizado pola MESA da Comarca, participarán Manuel Agra Villar (Profesor do IES Martaguisela) e Carlos Callón.