Menu Xerais

Arquivo anual: 2012

Entrevista con Antón Cortizas sobre «Vaia tropa!»: «Algúns versos lense do revés, do dereito, de arriba a abaixo ou de esguello»

O Diario de Ferrol publicou unha entrevista de M. J. Rico con Antón Cortizas sobre Vaia tropa!.   «Ós nenos gústalles a poesía, entenden as metáforas e os ritmos» Antónb Cortizas publica Vaia tropa!, un libro de poemas e xogos visuais inspirado nos limericks —Vaia tropa!, é un proxecto recente? —Este libro leva feito dez ou once anos pero non sei que fado ocorreu que quedou así, sen editar..

«Vigo a 80 revolucións por minuto» de Emilio Alonso en “LH Mgazine”

A revista musical LH Mgazine, que non se distribúe en Galicia, publica unha recensión de Vigo a 80 revolucións por minuto de Emilio Alonso.

A semblanza de Agustín Fernández Paz, por María Jesús Gil

Recibimos, e reproducimos, a fermosa semblanza que María Jesús Gil realizou sobre Agustín Fernández Paz durante o acto de entrega, o pasado  mes de novembro, do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil.   Semblanza de Agustín Fernández Paz con motivo de la entrega del 7º Premio Iberoamericano Buenas tardes. Boas tardes.

Un estudante do IES O Mosteirón de Sada recomenda a lectura de «Poetízate», a antoloxía de Fran Alonso

Un estudante do IES O Mosteirón, de Sada, Adán Méndez Varela, de 4º ESO, recomenda a lectura de Poetízate, a antoloxía de Fran Alonso, desde a bilblioteca do centro. Neste curso mandáronme ler o libro de Poetízate. O primeiro que pensei foi “outra vez poesía, todos eses poemas que tanto custa entender”, pero cando o fun mercar e vin a portada foi como se o libro me chamase.

Xerais expresa o seu pesar polo falecemento de Isaac Díaz Pardo

A dirección e o cadro de persoal de Xerais expresa o seu fondo pesar polo falecemento de Isaac Díaz Pardo. Artista plástico, intelectual, escritor, empresario e dinamizador galeguista, Isaac Díaz Pardo era Presidente de Honra da Asociación Galega de Editores e a súa figura é imprescindible para entender a evolución da cultura galega no século XX.

Centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro (4/1/1912 – 4/1/2012)

Tal día coma hoxe, hai cen anos, nacía en Celanova Celso Emilio Ferreiro. Era o 4 de xaneiro de 1912 e o poeta vía a luz na vila que posteriormente sería un dos eixos que guiaron a súa obra literaria. Cen anos despois, esa obra literaria é un referente inexcusable para a literatura galega, que hoxe non sería interpretable sen a figura enorme e simbólica de Celso Emilio.

Movida escríbese con V de Vigo. Recensión de Gustavo Hervella sobre «Vigo a 80 revolucións por minuto» de Emilio Alonso

O soportal de literatura do Consello da Cultura Galega, LG3, publica unha recensión crítica de Gustavo Hervella sobre o libro Vigo a 80 revolucións por minuto de Emilio Alonso.   Movida escríbese con V, de Vigo Crónica da movida viguesa da década de 1980 realizada por Emilio Alonso, colaborador activo deses acontecementos que supuxeron unha renovación conceptual das artes nunha época convulsa en Vigo.

Entrevista con María Xosé Queizán sobre «Meu pai vaite matar» en Radiofusión

Entrevista con María Xosé Queizán sobre «Meu pai vaite matar» en Radiofusión

Radiofusión, a programación das Radios Municipais Galegas, emitiu unha entrevista ccoa escritora María Xosé Queizán, autora da novela Meu pai vaite matar. A entrevista pode escoitarse en mp3 aquí.

«Lois Pereiro. Breve encontro», de Jacobo Fernández Serrano, considerado un dos cinco mellores cómics do ano en BDeteca

«Lois Pereiro. Breve encontro», de Jacobo Fernández Serrano, considerado un dos cinco mellores cómics do ano en BDeteca

O blog BDeteca de Rubén Santamarta en La Voz de Galicia nomea Lois Pereiro. Breve encontro, de Jacobo Fernández Serrano, como un dos cinco mellores cómics do 2011.

Celso Emilio Ferreiro, unha obra en seis libros, por Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento Culturas, de La Voz de Galicia estas recensións dos libros de Celso Emilio Ferreiro.   Celso Emilio Ferreiro, unha obra en seis libros O soño sulagado (1954) Primeiro libro en lingua galega  tras o clandestino Voz y voto.

Cando a lúa de Nadal ilumina un libro exquisito: «Trece noites, trece lúas», de Antonio Reigosa. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre o libro de Antonio Reigosa  Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal, ilustrado por Noemí López.

Falemos de lectura propón unha lectura fragmentada de «Ninguén», de Fran Alonso

O blog Falemos de lectura propón Ninguén, de Fran Alonso, para o club de lectura virtual a través dunha lectura fragmentada que comeza coas primeiras 60 páxinas.