Menu Xerais

Presentación de “Dark butterfly” de Rexina Vega en Cambre

O venres, 28 de decembro ás 20:00 horas, na librería A Libreira, rúa Luís Seoane, 2 O Temple en Cambre, terá lugar a presentación da novela Dark butterfly de Rexina Vega.

No acto participarán as escritoras Dores Tembrás, Begoña Paz e a autora.

Despois do acto, seguindo o esquema dos xa míticos vermús literarios de A Libreira, convidarase a viño galego e petiscos.

Deixa un comentario!