Menu Xerais

Presentación de “O meu primeiro Celso Emilio” en Teo

O venres, 27 de xullo, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Teo, terá lugar a presentación do libro O meu primeiro Celso Emilio de Xosé e Xiana Lastra. No acto participarán Carme Hermida, Manuel Bragado e Xosé Lastra.

Logo da presentación, María Manuela, Mero, Mini e Xiana darán un concerto das pezas do CD que acompaña ao libro.

Este acto realízase coa colaboración do Concello de Teo.

Booktrailer do libro.

 

Deixa un comentario!