Menu Xerais

Sensibilidade, vida cotia e reivindicación: Malos tempos para fantasmas, de Agustín Fernández Paz

María Navarro publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Malos tempos para fantasmas, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Patricia Castelao.

 

Vida cotiá e fantasía

Da riqueza das palabras

Unha protagonista feminina, o cambio de domicilio,a chegada a unha nova casa e o comezo dun novo curso abren a narración dun texto que agora co título Malos tempos para os fantasmas publica Edicións Xerais de Galicia no que supón unha versión anovada doutro texto publicado hai xa uns cantos anos. O que aquí se presenta conserva amesma frescura ca aquel e introduce con moito acerto aspectos de actualidade que farán máis cercana a realidade aos rapaces que nestes momentos se acheguen á novela.

Abandonar Pontebranca supón para Marta un certo desasosego, sentimento que vai remitindo cando é quen de afacerse á nova situación e establecer comunicación con Fan, un fantasma que vive atrapado na casa dende hai tempo e que se converterá nun dos seus mellores amigos.

A vida cotiá, mesturada co substancioso recurso da fantasía, ofrece a posibilidade de introducir pensamentos e reflexións que, sen dúbida,non deixarán indiferentes o lector. Baixo unha atmosfera de realidade e prendados da sensibilidade dos textos agustinianos, que sendo amables e idílicos non perden de vista a función reivindicadora da literatura, asistimos a unha serie de acontecementos que tocan aspectos quizais trascendentais que poden axudar os cativos a medrar e a levar/sobrelevar con ben a vida.Velaí a riqueza da palabra e das palabras!

María Navarro

Deixa un comentario!