Menu Xerais

Unha mestura de utopía científica, do gótico e da fantasía: «Eu, pel» de Teresa González Costa

El Correo gallego publica unha recensión crítica de Carmen Ferreira Boo sobre Eu, pel de Teresa González Costa.

 

Teresa González achégase ao lectorado xuvenil con ‘Eu, pel’

A filóloga, tras obter en 2010 o Premio Merlín, publica unha novela con trazos da utopía científica, o gótico e a fantasía

Tras conseguir o III Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil en 2008 con Pingueiras e Tarteiras (2009) e o XXV Premio Merlín de Literatura Infantil en 2010 con A filla do ladrón de bicicletas (Premio Frei Martín Sarmiento do terceiro ciclo de Primaria 2012), a filóloga Teresa González Costa (O Grove, 1975) acaba de sacar do prelo na colección “Fóra de Xogo” a súa primeira novela dirixida ao lectorado xuvenil, Eu, pel, na que se mesturan trazos da utopía científica, do gótico e da fantasía.

Así as escenas iniciais caracterizadas polo misterio e a atmosfera tétrica, que crean suspense ao lector, lembran obras pioneiras da novela gótica, como Frankestein, de Mary Shelley. Nelas nárrase o nacemento dun ser estraño e especial no castelo da familia Semper-Vanien en Illa Meridiana e cóntanse os estraños experimentos que alí realiza o dono, Guido Semper. Co flashforward cámbiase o escenario para presentar novos personaxes, a rapaza Niki, o pintor Leopoldo Galeán e o mozo Tomás, que serán claves no desenvolvemento da trama.

(…)

Deixa un comentario!