Menu Xerais

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Do venres, 29 de xuño ao domingo, 8 de xullo terá lugar, na Praza de Compostela,  a Feira do Libro de Vigo, 2012 na que Xerais participa cos seguintes actos:

  • Día 2 luns

20:00 h.: Presentación de En vías de extinción de María Reimóndez. Intervirán Michael Skinner, Manuel Bragado e María Reimóndez.

21:00 h.: Presentación de A derrota de Galicia de Antón Baamonde. Intervirán Manuel Bragado e Antón Baamonde.

  • Día 4 mércores

19:30 h.: Agustín Fernández Paz asinará exemplares das súas obras.

20:00 h.: Presentación de Dragal III. A fraternidade do dragón de Elena Gallego.

Intervirán Marcos Calveiro, Manuel Bragado e a autora.

21:00 h.: Presentación de Atl de Manuel Lourenzo (PREMIO BLANCO AMOR, 2011).

Intervirán Manuel Bragado e Manuel Lourenzo.

  • Día 5 xoves.  

19:30 h.: Pedro Feijoo asinará exemplares de Os fillos do mar.

20:00 h.: Presentación de Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira. Intervirán Manuel Bragado e Camilo Nogueira.

  • Día 7 sábado 21:00 h.: Mesa redonda, organizada por REDELIBROS, “Os segredos da novela histórica” coa participación de Marcos Calveiro (Settecento), Pere Tobaruela (Poñente) e Fran Zabaleta (Medievalario).

Deixa un comentario!