Menu Xerais

Xurxo Martínez: «Luís Soto foi o gran ideólogo do nacionalismo galego de inspiración marxista»

A edición compostelá de La Voz de Galicia publica unha información sobre Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González.

 

«A figura de Luís Soto foi clave no nacionalismo marxista»

No xantar da Rocha (1964) foi un dos creadores da Unión do Pobo Galego (UPG), o miolo do nacionalismo galego artellado arredor do Bloque Nacionalista Galego (BNG). Chamábase Luís Soto e a súa fi gura foi agochada porque decantouse do bando dos perdedores. Así o explicou onte o vigués Xurxo Martínez González —28 anos, licenciado en Filoloxía Galega— na presentación do seu libro Luís Soto. A xeira pola unidade galega (Edicións Xerais, Vigo, 2012) na Libraría Couceiro. «A fi gura de Luis Soto é clave porque foi o gran ideólogo dun nacionalismo galego de inspiración marxista», di Xurxo Martínez, quen se refire a Soto como «vencido por partida doble: non só pola guerra civil senón tamén pola historia moderna do nacionalismo galego». De Soto sabíase que acompañou a Castelao no seu exilio de Cuba e Estados Unidos e que dirixiu Vieiros. «Pero foi moito máis: un loitador social toda a súa vida dende os tempos da República», di Xurxo Martínez.

Deixa un comentario!