Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2013

Afondar na identidade galega coa novela negra: «Todo OK», de Diego Ameixeiras

Ramón Rozas publicou en El Progreso unha recensión crítica sobreTodo OK, de Diego Ameixeiras.   A necesidade da novela negra En ‘Todo OK’, Diego Ameixeiras enfía a plena madurez da súa obra cunha historia co narcotráfico como telón de fondo para uns protagonistas no fío dun barranco  Todo sistema literario que se precie de selo necesita ter a súa dose de novela negra.

Unha historia de piratas ambientada no século XVIII: «Costa do Solpor», de Xosé Mª Lema

La Voz de Galicia, na súa edición de Carballo, publicou unha información sobre a novela Costa do Solpor, de Xosé Mª Lema, que chegará nos vindeiros días ás librarías e que fóra finalista do Premio Xerais 2011.

Enxeño, ironía, retranca e parodia en «Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico», de Manuel Veiga

Ramón Nicolás reproduce no seu blog Caderno da crítica unha recensión sobre Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico, de Manuel Veiga.   «Do G ao Z.

Grande intensidade e estrutura moi traballada: «Todo OK», de Diego Ameixeiras. Anotación de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog Ferradura en tránsito unha nova anotación sobre de Todo OK, de Diego Ameixeiras.     A costra, a cotra e as nubes Rematei onte, e enviei, a crítica de Todo OK, a novela negra de Diego Ameixeiras de formato pequeno, de grande intensidade, de estrutura moi traballada, ritmo elevado e constante, boas descricións, de grande plasticidade.

Ton directo, irónico e retranqueiro en «Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez», de Carlos Callón. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás reproduce no seu blog Caderno da crítica unha recensión sobre Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón.

Aventuras de mar e terra en «Costa do Solpor», de Xosé María Lema

El Correo Gallego publica unha información sde José M. Ramos sobre a novela Costa do Solpor, de Xosé Mª Lema, que chegará nos vindeiros días ás librarías e que fóra finalista do Premio Xerais 2011.

A análise grafolóxica que fixo Mónica Bar para un personaxe de «A noite branca», de Francisco Fernández Naval

Mónica Bar publica no seu blog, Gabinete Caligráfico, unha anotación sobre a análise grafolóxia que aceptou realizar das cartas dunha persoa, Alfredo, –convertida en personaxe polo autor da novela–, para determinar a súa personalidade. Alfredo é un mozo galego que participou na División Azul, enviada por Franco en apoio da Alemaña de Hitler. Este mozo é retratado na novela A noite branca, de Francisco X.

Presentación en Ribadavia de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” de Carlos Callón

O venres, 18 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Pub Aljama de Ribadavia, terá lugar a presentación do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón. No acto intervirán o autor, Carlos Callón e o responsable da Mesa na zona do Carballiño-Ribeiro, Eladino Cabanelas.

Presentación en Ourense de “Castelao na Unión Soviética en 1938” de Xesús Alonso Montero

O luns, 14 de xaneiro, ás 20:00 horas, no salón noble do Liceo, rúa Valentín Lamas Carvajal, 5 de Ourense, terá lugar a presentación do libro Castelao na Unión Soviética en 1938 de Xesús Alonso Montero. No acto participarán, Manuel Peña Rei, Manuel Bragado e Xesús Alonso Montero.

Novidade: «O Códice do Santo Lugar», de Pere Tobaruela. Suspense nos tempos de Diego Xelmírez

O Códice do Santo Lugar, de Pere Tobaruela, é unha novidade na colección Fóra de Xogo. Ano 1086. Santiago de Compostela. Un Diego Xelmírez aínda mozo, daquela estudante da escola episcopal, está involucrado no roubo do códice do Santo Lugar. Son tempos de loitas entre árabes e cristiáns, e tamén de disputas entre os normandos e o reino de Galicia, León e Castela.

Francisco X. Fernández Naval: «Houbo persoas que sandaron as súas feridas coa miña novela». Entrevista na Radio Galega sobre «A noite branca»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Anxo Quintela con Francisco X. Fernández Naval sobre a súa nova novela, A noite branca, que conta a historia dos galegos que participan na Segunda Guerra Mundial a través da División Azul.

Un canto á gastronomía entendida como cultura: «Abecedario das mantenzas«, de Fausto Galdo

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica do libro Abecedario das mantenzas, de Fausto Galdo.     Gastronomía amena e ilustrada Como vén indica xa o título deste libro estamos perante un dicionario das mantenzas, é dicir, alimento ou aquilo que come unha persoa, como ben sinala o DRAG.