Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2013

«O único que queda é o amor», de Agustín Fernández Paz, traducido ao coreano

A editorial Booklight acaba de publicar a tradución ao coreano de O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz.

Manuel Rivas: «Se cadra debería escribir en braille, porque escribo como un cego, con esa conexión entre os dedos e o maxín». Entrevista de Montse Dopico sobre «As voces baixas»

Praza Pública ofrece unha longa entrevista de Montse Dopico a Manuel Rivas sobre a súa última novela As voces baixas.     «A nosa tradición é máis erótica que fúnebre, aínda que ás veces pareza que o país anda un pouco zombi» Manuel Rivas leva anos á escoita das voces baixas.

Pemón Bouzas: «Ter cativada na casa volve facer do 5 de xaneiro unha noite máxica». O diálogo intercultural dos Reis Magos, entrevista de Carme Vidal

Sermos Galiza publicou unha entrevista de Carme Vidal a Pemón Bouzas polo seu libro A Estrela de Oriente. (Foto de X. Álvarez).   Pemón Bouzas: «O que me traian os reis magos vai ser marabilloso» Xornalista e escritor, Pemón Bouzas vén de publicar “A estrela de Oriente” (Xerais), un libro en que re-visita o mito dos Reis Magos.

Apoteose literaria: «A noite branca», de Francisco X. Fernández Naval. Artigo de Marcelino Fernández Mallo

Marcelino Fernández Mallo publica en Letras en obras un artigo sobre o libro A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval.   A noite branca Aquelas cartas atopadas nunha caixa de marmelo resultaron a semente fértil da cal naceu A noite branca. Branca pola neve caída durante o sitio a Leningrado; outrosí dos lampos producidos polos bombardeos. A memoria é o lampo da historia e tamén a historia dos vencidos.

A esencia de Agustín Fernández Paz: palabra, lingua e literatura. Artigo de Xavier Castor sobre «O rastro que deixamos»

Xavier Castro Rodríguez publicou no Galicia hoxe un artigo sobre O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz.   A memoria no oficio de escribir Nesta miscelánea de textos, creados en tempos e lugares diferentes, está a esencia de Agustín Fernández Paz como escritor, creador e, naturalmente, como individuo comprometido e consecuente con moitas causas; a cerna identificada coa realidade humana e lingüística deste país.

Vídeos da presentación de «Extramunde», de Xavier Queipo, no Ateneo de Ribeira

Reproducimos os vídeos da presentación, que recolle a información de La Voz de Galicia, de novela Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011, no Ateneo de Ribeira, este pasado 5 de xaneiro de 2013.

Sedutora, misteriosa e fascinante: «O gardián invisible», de Dolores Redondo: unha novela con grandes expectativas para un lanzamento internacional

Enormes son as expectativas que está a crear a novela O gardián invisible, de Dolores Redondo, que Xerais publicará o vindeiro 15 de xaneiro no marco dun gran lanzamento internacional.

Xa están aquí. «A Estrela de Oriente», de Pemón Bouzas: un fermoso relato sobre a historia dos Reis Magos. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión crítica sobre  A estrela de oriente, de Pemón Bouzas.     A Estrela de Oriente Tíñao que ler xa, antes de que chegasen os Reis ou que o Papa se decidise a eliminalos, como fixo cos pobres animais do belén. E seica son de Sevilla… Así que a fermosa historia que Pemón Bouzas nos conta en A Estrela de Oriente.

As novas tendencias da novela negra: reportaxe sobre «Todo OK» con entrevista a Diego Ameixeiras no Zig Zag

O programa da TVG Zig-zag diario, que presenta a xornalista María Solar, emitiu unha reportaxe sobre Todo OK, a nova novela de Diego Diego Ameixeiras, a quen se entrevista.

Iolanda Zúñiga: «Existe mundo alén dos clásicos da literatura universal que, a risco de caer en herexía, non me alimentaron máis que o cine, a música ou os videoxogos»

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con Iolanda Zúñiga.   Parlamento das Letras: Iolanda Zúñiga Iolanda Zúñiga é unha escritora cuántica.

Entrevista a Manuel Rivas: en Onda Cero por «As voces baixas»

Reproducimos unha entrevista en Onda Cero a Manuel Rivas, realizada durante a presentación da última novela As voces baixas.

Manuel Rivas: «Pensei que se deixaba de escribir non pasaría nada». Entrevista de Carme Vidal

Sermos Galiza publica unha entrevista de Carme Vidal a Manuel Rivas, sobre a súa última novela As voces baixas.   Manuel Rivas: «Os personaxes conduciron a escrita d’As voces baixas» En poucas ocasións un libro nace con tan boa fortuna como acontece con As voces baixas (Xerais).