Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2013

Novela negra que ofrece un retrato da condición humana: «Todo OK», de Diego Ameixeiras

Ramón Nicolás publicou o pasado sábado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre de Todo OK, de Diego Ameixeiras.   Derrotas sen compracencias Diego Ameixeiras, se cadra non é preciso subliñalo pero compráceme afirmalo, é un dos narradores galegos que con máis oficio e maior seriedade leva tempo internándose na novela de filiación policial, detectivesca ou negra.

Unha reconstrución desde a memoria e a investigación: «A noite branca», de Francisco X. Fernández Naval

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre o libro A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval.

Unha acertada banda deseñada que entra polos ollos: «Cartas de inverno», de Antonio Seijas. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre a novela gráfica Cartas de inverno, de Antonio Seijas, baseada na novela do mesmo título de Agustín Fernández Paz.   Un clásico agora en banda deseñada    Hai pouco comentabamos aquí a vixésima edición deste clásico que é Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz.

Singular, conmovedora e emocionante: «Palabras de auga», de Marcos Calveiro. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou unha recensión crítica sobre Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012, nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.

Unha obra que ten cautivado a parte do público adolescente galego: «Dragal. A fraternidade do dragón». Crítica de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia confidencial unha recensión crítica sobre Dragal. A fraternidade do dragón, de  Elena Gallego Abad.   Terceira entrega de Dragal Complétase a trioloxía da historia do dragón galego. Unha obra que ten cautivado a parte do público adolescente galego desde a primeira entrega en 2010. Crítica de Xosé Manuel Eiré.

Entrevista de María Solar a Antonio Seijas no Zig zag sobre a súa novela gráfica «Cartas de inverno»

O programa da TVG Zig-zag diario, que presenta a xornalista María Solar, entrevistou a Antonio Seijas sobre a súa novela gráfica Cartas de inverno, baseada na novela de Agustín Fernández Paz.   Antonio Seijas no ZigZag Diario from Antonio Seijas on Vimeo.

Desde a lareira á actual tecnoloxía culinaria: un libro sensorialmente fermoso sobre a gastronomía galega: «Abecedario das Mantenzas», de Fausto Galdo. Crítica de F. Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre o libro Abecedario das mantenzas, de Fausto Galdo.     Abecedario das Mantenzas   O autor deste libro, Fausto Galdo, outro deses ilustres médicos galegos, grandes humanistas, non tivo a fortuna, por cousa duns días de ver editada a súa obra cumieira no eido gastronómico, unha das grandes paixóns da súa vida.

Entrevista de María Solar a Manuel Rivas no Zig zag sobre «As voces baixas»

O programa da TVG Zig-zag diario, que presenta a xornalista María Solar, entrevistou a Manuel Rivas sobre a súa última novela As voces baixas.