Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2013

Best seller ben escrito, recomendable e ameno: «O gardián invisible», de Dolores Redondo. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica da novela O gardián invisible de Dolores Redondo.   Best seller ben escrito Dolores Redondo acertou na construción desta novela aplicando as técnicas do best seller.

Presentación de “Todo OK” de Diego Ameixeiras en Pontevedra

O venres, 1 de febreiro, ás 20:00 horas, na libraría Paz, rúa da Peregrina, 29 de Pontevedra, terá lugar a presentación da novela Todo OK de Diego Ameixeiras. No acto participarán, Pedro Feijoo, Manuel Bragado e Diego Ameixeiras.

Fina Casalderrey, na Galería de Mulleres da Biblioteca Municipal do Concello de Muxía

A Galería de Mulleres da Biblioteca Municipal do Concello de Muxía está dedicada este mes a Fina Casalderrey (vía Axenda Cultural da AELG). Fina Casalderrey foi incorporada recentemente ao plenario da Real Academia Galega. O Concello de Muxía continúa coa iniciativa da Galería de Mulleres, onde se destaca cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, etc….

Autoras e autores que comezan: «Premio 2012 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo». Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás reproduce no seu blog Caderno da crítica unha recensión sobre o libro Premio 2012 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo, que edita Xerais en coedición coa propia Universidade e coa Xunta de Galicia.   Premio 2012 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo, de VV.AA. Non me resultou doado conseguir este volume que traio hoxe á bitácora e ao que chego grazas ao favor dun bo amigo.

Un superheroe para a paz, a tolerancia, a solidariedade: «O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas», de Ramón Caride

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha crónica sobre a presentación onte en Ourense do libro «O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas», de Ramón Caride.     Co Capitán Aspanitas en Ourense Volvemos a Ourense para desta volta participar na presentación d’ O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, a máis recente novela infantil de Ramón Caride ilustrada por Jaime Asensi.