Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2013

Presentación da novela «A punta de pistola», de Fran Alonso, nun instituto vigués o vindeiro xoves 28

A punta de pistola, a nova novela de Fran Alonso, que foi Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, presentarase o vindeiro xoves 28 de febreiro, tres meses despois da súa saída, nun centro de ensino da cidade de Vigo: o IES de Teis.

Intensidade e ambición: «A noite branca», de Francisco X. Fernández Naval. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou unha recensión crítica sobre a novela A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.    Voces na noite Hai murmurios que nacen dos abismos da noite e reclaman ser escoitados.

Un luxo de libro: «Abecedario das mantenzas», de Fausto Galdo. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica sobre o Abecedario das mantenzas, de Fausto Galdo.     Un libro singular Cadrei con Fausto Galdo tres ou catro veces miña vida. Sempre convencido de atopar ao meu carón un home cheo de bonhomía e ganas de vivir.

A novela «Winnipeg», de Hixinio Puentes: a historia dos galegos que salvou Pablo Neruda. Reportaxe no suplemento de Faro de Vigo

O suplemento Estela, do Faro de Vigo, publica unha ampla reportaxe de Salvador Rodríguez sobre a novela Winnipeg, de Hixinio Puentes, que acaba de publicar Xerais, e que relata a historia dos galegos que salvou o poeta chileno Pablo Neruda co barco que el fletou para os exiliados españois. A interesante reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Xerais pon en marcha o «Dicionario xurídico galego» en liña, desde a web, xa a disposición de 90.000 usuarios

O xornal Galicia Hoxe publicou unha información sobre o Dicionario Xurídico Galego, do que son coordinadores Luciano Varela Castro e Xosé Xoán Barreiro Prado, que xa está publicado en liña e á disposición de aproximadamente 90.000 empregados públicos da Xunta de Galicia e dos concellos galegos, grazas a un acordo da editorial coa Administración pública.

María Reimóndez organiza un sorteo entre as persoas que reflexionen fotograficamente sobre a súa novela «En vías de extinción»

María Reimóndez comunicou desde o seu blog que organiza un sorteo de varios libros seus no que participarán as persoas que envíen fotos de cans a modo de reflexión sobre a protagonista da novela En vías de extinción.

Novidade: «A vitoria do perdedor», de Carlos Reigosa. A memoria cruel dun tempo de posguerra

A vitoria do perdedor, de Carlos G. Reigosa é unha novidade da colección Narrativa. Arcadio Macías, perdedor dunha guerra e dunha posguerra, prepara a súa saída de España. Está seguro de que a loita terminou. Mais a realidade –en forma dunha represión que non cesa– axiña lle vai demostrar o contrario. Isto desatará a súa rebeldía e impediralle fuxir.

Presentación en Pontevedra de “A noite branca” de Francisco X. Fernández Naval

O xoves, 28 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos d’A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11 (a carón do Teatro Principal) en Pontevedra, terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval.

«Tonas de laranxa», de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón e «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo, finalistas do Premio Arcebisbo San Clemente

As novelas Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón (Premio Xerais de Novela 2012) e Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, ambas as dúas publicadas por Xerais, están entre as tres novelas finalistas do Premio Literario Arcebispo Xoán de San Clemente. Reproducimos a nova de El Correo gallego que recolle a información.

Novidade: «Winnipeg», de Hixinio Puentes. A épopea dos exiliados galegos que embarcaron no barco fletado por Pablo Neruda

Winnipeg, de Hixinio Puentes, é unha novidade da colección Narrativa que relata a epopea do Winnipeg, o barco fletado por Pablo Neruda para os exiliados españois. Co advento das ditaduras morre a liberdade e a poesía. Así aconteceu tamén con aquel poeta chileno que fretara o Winnipeg, un dos buques da diáspora dos republicanos españois, perdedores nunha guerra fratricida.

Novidade: «Marcovaldo ou as estacións na cidade», de Italo Calvino. Os deliciosos relatos de Calvino

A colección Xabaril acolle a reedición dun libro de referencia: Marcovaldo ou as estacións na cidade, de Italo Calvino.

Celso Emilio Ferreiro ante a Guerra Civil: reportaxe de Mar Mato sobre «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás

Faro de Vigo publicou unha información de Mar Mato sobre a presentación en Compostela da biografía Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás.   A guerra de Celso Emilio Ferreiro O profesor Ramón Nicolás revela novos detalles do poeta nunha biografía MAR MATO – VIGO O levantamento militar do 1936 supuxo para Celso Emilio Ferreiro o paso á escuridade.