Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2013

«Literatura, alerta!»: Crítica de Iago Castro Buerger sobre «Gran tiburón branco», de Samuel Solleiro

Protexta publicou recensión crítica de Iago Castro Buerger sobre a novela Gran tiburón branco, de  Samuel Solleiro. Na recensión crítica, titulada «Literatura, alerta!», Iago Castro afonda na análise destes «relatos de frustración cotiá nun estilo pragmático e medido».   Ler ou descargar a recensión crítica en pdf.

Unha novela notable cun personaxe sobresaliente: «A noite branca», de Francisco X. Fernández Naval. Crítica de Dolores Martínez Torres

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Dolores Martínez Torres sobre a novela A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval.

Presentación en Ferrol de “A noite branca” de Francisco X. Fernández Naval

O martes, 26 de febreiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos, rúa Rubalcava, 30-32, esquina rúa María de Ferrol, terá lugar a presentación do libro A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto participarán Nicolás Vidal, Bernardo Máiz, Manuel Bragado e o autor. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.

Aventuras mariñas en «Costa do Solpor» de Xosé Mª Lema. Presentación en Teo

El Correo Gallego publica unha información sobre a presentación en Teo da novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema.

Manuel Portas: «Dar o salto da docencia á literatura aos 50 anos é unha ousadia pola miña parte»

A edición do Deza de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Ángel Graña a Manuel Portas sobre a súa novela sobre Un dedo manchado de tinta con motivo da súa visita ao IES Pintor Colmeiro.

A linguaxe das sombras. Recensión critica de Lara Rozados sobre «Dark butterfly» de Rexina Vega

Protexta publicou unha recensión crítica de Lara Rozados sobre Dark butterfly de Rexina Vega. Na recensión crítica, titulada «A linguaxe das sombras», Lara Rozados explora unha novela que afonda na construción social da tolemia e na brutalidade da norma. Ler ou descargar a recensión crítica en pdf.

Artigo de Suso de Toro sobre «Para unha crítica do españolismo» de Camilo Nogueira en Protexta

Protexta publicou un longo artigo literario de Suso de Toro sobre o libro Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira. O escritor Suso de Toro aborda nun longo artigo o significado dos dous últimos ensaios de Camilo Nogueira, entre os que se atopa Para unha crítica do españolismo, publicado na colección Ensaio de Xerais.   Ler ou descargar o artigo de Suso de Toro en pdf.

Crítica de Víctor M. Santidrián Arias sobre «Luís Soto. A xeira pola unidade galega», de Xurxo Martínez González

Protexta publicou unha recensión crítica de Víctor M. Santidrián Arias sobre Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González. Luís Soto foi o nexo entre o comunismo de pre-guerra e o nacionalismo do exilio e o autor da recensión crítica sinala como un dos elementos máis salientables do libro oa forte relación que Soto tiña co nacionalismo galego. Ler ou descargar a recensión crítica en pdf.

Samuel Solleiro: «A postmodernidade remata; hai que asumila como unha época pola que se pasou». Entrevista de Óscar Iglesias

Protexta publicou unha entrevista a Samuel Solleiro sobre a súa última novela, Gran tiburón branco, encabezada polo titular «Todo o que ten que ver co Partido Popular é violento». Na entrevista, feita por Ócar Iglesias, Samuel Solleiro fala de literatura, de política e, moi especialmente da súa obra literaria.

Un libro excepcional: «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro» de Ramón Nicolás

Tanto Brétemas, o blog de Manuel Bragado, director de Xerais, como Caderno da Crítica, o blog de Ramón Nicolás dan conta da presentación onte en Compostela da biografía do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás.

A solidariedade, o amor, a pobreza e a viaxe no libro de poesía infantil «Cidades», de Fran Alonso. Crítica de Chus Nogueira no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre Cidades, o libro de poesía infantil de Fran Alonso.

Elena Gallego Abad: «Os rapaces e rapazas que len ‘Dragal’ acaban sentíndose protagonistas». Entrevista de Laura Blanco Casas

A web do Morrazo Xeado de Toxo publica unha entrevista de Laura Blanco Casas con con Elena Gallego Abad centrada en Dragal.   «Hoxe máis que nunca é fundamental a profesión de xornalista» Conversando con Elena Gallego Abad Despois de Dragal. A herdanza do dragón (2010) e Dragal II. A metamorfose do dragón, chegou o pasado ano ás librerías Dragal III.