Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2013

Crear un cosmos cos fíos da vida: «O rastro que deixamos» de Agustín Fernández Paz. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo recolle no seu blog unha recensión crítica que publicou no último número de protexta  baixo o título «Pegadas literarias» sobre O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz.

Xosé Mª Lema: «Costa do Solpor reflicte os problemas reais dos galegos que vivían naquela época». Entrevista no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega realizou unha entrevista a Xosé Mª Lema, sobre a novela Costa do Solpor, finalista do Premio Xerais 2011. Trátase dunha novela de aventuras que se desenvolve na costa galega a partir da chegada dunha goleta cun tesouro.

Un poemario fresco, irreverente, tenro e divertido con ilustracións luminosas: «Cidades», de Fran Alonso. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publica no seu blog Caderno da crítica unha recensión crítica sobre a reedición de Cidades, de Fran Alonso.     Cidades, de Fran Alonso Hoxe  lembrei a relectura que fixen hai poucos días deste poemario, fundamental para a poesía galega máis recente, como é Cidades de Fran Alonso.

Recensión crítica de F. Martínez Bouzas sobre «Anthology of Galician Literature 1981-2011», de Jonathan Dunne, antoloxía bilingüe galego-inglés

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre a Antoloxía da literatura galega 1981-2011 / Anthology of Galician Literature 1981-2011, da que é responsable Jonathan Dunne.   Unha antoloxía baixo palio Vaia por diante, antes de máis, os meus parabéns para o autor Jonathan Dunne e para as tres entidades editoras desta obra (Xunta de Galicia, Xerais e Editorial Galaxia).

Xerais inicia a súa oferta de e-books

Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon, dispoñibles para os lectores e lectoras que empregan o Kindle. Os libros que xa se poden mercar para ese formato electrónico son As voces baixas, de Manuel Rivas; Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012; En vías de extinción, de María Reimóndez; e Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz.

A gozosa lectura do rumor do mundo: «ruído de fondo», de Daniel Salgado. Crítica de Miguel Sande

Miguel Sande publicou no Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre ruído de fondo, de Daniel Salgado.   Coma bichiños devorados pola «Elsa» O de hoxe foi un día atravesado. Difícil. De chuvia. Un becho insignificante íame distraendo todo o traxecto polo cristal dende que saíra da estación de servizo de tomar o café de media mañá.

Plasticidade case cinematográfica: «A punta de pistola», de Fran Alonso. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica sobre A punta de pistola, de Fran Alonso, Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia.     Literatura de quiosco Cando falo desta caste de literatura, coa que os quioscos a piques de pechar ou de mudar en tendas de chilindradas, xa se entende que a expresión non é máis que “meliorativa’.

A maxia do Val do Batzan, espazo xeográfico de «O gardián invisible». Reportaxe de Dolores Redondo

Dolores Redondo, a autora do best-seller O gardián invisible, escribe no Magazine unha reportaxe no Magazine sobre o Val do Baztan, o espazo xeográfico onde está ambientada a novela.     La magia de Baztan Lo esencial es invisible a los ojos… pero a menudo la certeza de lo evidente oscurece nuestra percepción del mundo dificultando que podamos ver más allá, donde reside lo esencial.

Sabotaxe en Ourense: «O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas», de Ramón Caride. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, de Ramón Caride,     O equipo Aspanitas en defensa das Burgas  A historia da literatura infantil e xuvenil galega é, como escribiu un indiscutible mestre do xénero, a crónica dun agromar difícil (A. Fernández Paz, A literatura infantil e xuvenil en galego, páxina 9).

Pedro Feijoo con Diego Ameixeiras: «Todo OK» e a modernización do xénero negro

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha crónica da presentación de Todo OK, de Diego Ameixeiras. La Voz de Galicia tamén recolleu a información do evento. Feijoo con Ameixeiras A pesar doutro serán de intenso ballón, un bo grupiño de xente reuniuse na Libraría Paz de Pontevedra para presenciar a conversa sobre Todo OK entre o seu autor, Diego Ameixeiras, e Pedro Feijoo.

No sofá ata rematala: «En vías de extinción», de María Reimóndez. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión sobre a novela En vías de extinción de María Reimóndez.     En vías de extinción Cumprindo pactos, Carme non se esquece. Desta volta, con En vías de extinción de María Reimóndez, publicado pola editorial Xerais.

«Cidades», de Fran Alonso, e «O gardián invisible», de Dolores Redondo no ranquing da Tabela dos libros do mes de febreiro

Cidades, de Fran Alonso, e O gardián invisible de Dolores Redondo sitúanse no segundo e terceiro posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de febreiro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.