Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2013

Ritmo trepidante e a concisión expresiva: «A vitoria do perdedor», de Carlos G. Reigosa. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou o pasado sábado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela A vitoria do perdedor, do escritor Carlos G. Reigosa.   «Libre ou morto» Tendo presentes as preocupacións e os asuntos aos que Carlos G.

Unha visión distinta de Galicia e o galeguismo: Amada liberdade», de Fernándo Pérez-Barreiro Nolla. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre sobre Amada liberdade, as memorias do tradutor, escritor e intelectual Fernándo Pérez-Barreiro Nolla.   Galicia vista desde fóra Fernando Pérez-Barreiro e Teresa Barro presentan en ‘Amada liberdade’ unha imaxe da Galicia da postguerra deshinibida.

«O rastro que deixamos», «Cartas de inverno» e «O corazón de Xúpiter», galardoados nos Premios da Edición

O pasado venres falláronse en Vigo os Premios da Edición, convocados pola Asociación Galega de Editores, pretenden recoñecer e distinguir a excelencia do traballo editorial realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2012 en Galicia. Tanto Manuel Bragado, presidente da AGE, como diversos medios de comunicación deron conta da noticia.

«As voces baixas», de Manuel Rivas, continúa encabezando o listado dos libros máis vendidos de narrativa

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos da información proporcionada por 13 librarías. As voces baixas, de Manuel Rivas, encabeza a lista dos máis vendidos en Narrativa, seguido de Costa do Solpor, de Xosé Mª Lema,  O gardián invisible de Dolores Redondo, e A noite branca, de Francisco Fernández Naval. O listado completo pode consultarse aquí.

Tres libros de Xerais, Premios Frei Martín Sarmiento 2013

Na Festa da Lingua celebrada o 17 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra, o 8 de maio no colexio La Salle de Santiago e o 15 de maio no Palacio da Música da Coruña, fixéronse públicos os/as gañadores/as da IX Edición do Premio Frei Martín Sarmiento, resultando gañadores tres libros de Xerais nas seguintes categorías: 2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria Ti non xogas  de Silvestre Gómez Xurxo 3ª categoría: 5º

Carlos Reigosa: «Os procesos de violencia non son controlables». Anotación sobre «A vitoria do perdedor» en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación en Ourense da novela A vitoria do perdedor, de Carlos G. Reigosa.   Reigosa en Ourense Acompañamos a Carlos Reigosa en Ourense na súa participación no Foro La Región onde conversou co profesor Chema Paz Gago sobre A vitoria do perdedor.

Fina Casalderrey: «A educación pública é o espello real dunha sociedade e non pode ser vulnerable a intereses económicos»

Praza Pública ofrece unha longa entrevista de Montse Dopico a Fina Casalderrey.     «A educación é unha conquista da democracia que se nos está esvaecendo coma fume de cabicha» Fina Casalderrey será a quinta muller que ocupe unha das cadeiras da RAG.

Xavier Queipo recolleu onte en Compostela o Premio San Clemente por «Extramunde»

O escritor Xavier Queipo recolleu onte en Compostela o Premio Arcebispo San Clemente, concedido a súa novela Extramunde por un xurado formado por alumnos de institutos. Reproducimos a información de El Correo Gallego (Xavier Cea) e de La Voz de Galicia (Joel Gómez) ao respecto.

Hixinio Puentes: «Para a familia Pita Armanda o golpe de 1973 de Pinochet foi semellante ao que ocorrera aquí en 1936». Entrevista de Ana F. Cuba

La Voz de Galicia, publica unha entrevista de Ana F. Cuba a Hixinio Puentes sobre a súa novela Winnipeg. A entrevista pode lerse ou descargarse completa en pdf neste enlace.

A vinganza dun guerrilleiro anarcosindicalista: «A vitoria do perdedor», de Carlos G. Reigosa

El Progreso publicou unha información de María L. Viñas sobre a novela A vitoria do perdedor, do escritor Carlos G. Reigosa.   Reigosa reflexiona sobre o xerme da violencia en ‘A vitoria do perdedor’ Partindo do ocaso das guerrillas antifranquistas en Galicia crea unha historia de vinganza O escritor Carlos G.

Francisco Fernández Naval terá esta tarde na Coruña un econtro cos lectores de «A noite branca»

La Voz de Galicia publica unha información de R. García sobre a presentación esta tarde na Coruña de A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval Fernández Naval habla con lectores de «A noite branca» A noite branca (Xerais) es la última novela de Francisco Fernández Naval (Ourense, 1956) y de ella hablará esta tarde, a partir de las 20 horas, en la biblioteca Miguel González Garcés de Elviña.

Respirando a Agustín Fernández Paz. Artigo de Ruth Fernández

Ruth Fernández publica en Galicia hoxe un artigo sobre Agustín Fernández Paz e O rastro que deixamos .   O rastro que deixamos Con motivo dos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) deste ano celebrados a pasada semana en Santiago de Compostela, tiven a sorte de poder desfrutar das palabras do meu ben querido amigo, o escritor que sigo dende nena, Agustín Fernández Paz.