Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2013

Roda de prensa-presentación de “A vitoria do perdedor” de Carlos G. Reigosa

O luns, 11 de marzo, ás 12:00 horas, no Consello da Cultura Galega, terá lugar unha roda de prensa na que se presentará a nova novela de Carlos G. Reigosa A vitoria do perdedor. No acto participarán Manuel Bragado e Carlos G. Reigosa.

Xerais publicará «Raíz da fenda», de Berta Dávila, Premio Johán Carballeira de Poesía

Xerais publicará nos vindeiros meses o poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, que recibiu o Premio Johán Carballeira de Poesía, convocado polo Concello de Bueu, e colaborará neste certame. O xurado do Premio manifestou que Raíz da fenda é un «poemario limpo de artificio, carente de adobíos innecesarios», no que destacan «a mensaxe, o ton, a boa estruturación e en defintiva a sensibilidade que amosa».

Potencia caricaturesca e relación cos filmes de detectives: «Amor de serea», de Jaureguizar. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre o novo libro da serie Tintimán, de Jaureguizar, titulado Amor de serea.

O libro da vida: «As voces baixas», de Manuel Rivas. Artigo de Antón Patiño

O pintor Antón Patiño publicou na revista Gallegos nº 17 (2012) un longo artigo, ilustrado con fotografías, sobre As voces baixas, de Manuel Rivas. O artigo, titulado «O libro da vida», pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Cando non se aceptan os discursos establecidos: «En vías de extinción», de María Reimóndez. Entrevista en Radiofusión

Radiofusión emitiu unha entrevista a María Reimóndez sobre a súa novela  En vías de extinción.     Para visibilizar a vida das lesbianas A novela «En vias de extinción» quere contribuir a visibilizar a vida das lesbianas. Construir un imaxinario de igualdade e de liberdade,  e traballar para eliminar prexuízos, segundo a súa autora María Reimondez.

Capaz de facerte soñar con imaxes: «Cartas de inverno», de Antonio Seijas. Crítica en Brabádegos

Brabádegos, o portal de literatura infantil e xuvenil publica unha recensión sobre a novela gráfica Cartas de inverno, de Antonio Seijas, baseada na novela do mesmo título de Agustín Fernández Paz.   Invernía para ler No souto temos algo do espirito do grande monstro que é Agustín Fernández Paz, sentimos modestamente a mesma paixón pola narrativa debuxada, polos cómics, pola novela gráfica.

Na mellor tradición da narrativa infanto-xuvenil: «O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas», de Ramón Caride. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, de Ramón Caride. Auria tamén para os cativos Desde os tempos do Rexurdimento, cos Lamas Carvajal, Álvarez de Novoa ou Pérez Placer, a cidade de Ourense converteuse nun espazo privilexiado da literatura galega, que cristalizará definitivamente no Auria de Blanco Amor.

O «Tintimán» de Jaureguizar viaxa a Vigo para investigar os galeóns de Rande. Reportaxe de Marta Veiga

Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publican unha reportaxe de Marta Veiga sobre o novo libro da serie Tintimán, de Jaureguizar,, titulado Amor de serea.

O Teatro Colón da Coruña cantaralle mañá a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario. Concerto con Xiana Lastra, María Manuela, Mini e Mero

O xornal El Ideal Gallego publicou unha ampla reportaxe sobre o espectáculo en torno ao  álbum O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales , que vai ter lugar mañá mércores, 6 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Colón da Coruña, co concerto O meu primeiro Celso Emilio, no que participarán María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra.

A triloxía «Dragal», de Elena Gallego, será levada ás pantallas

Faro de Vigo publica hoxe unha información de E. Ocampo sobre a venda de dereitos da triloxía Dragal, de Elena Gallego, a unha produtora galega.

Gran novela de aventuras, extraordinaria: «Costa do Solpor», de Xosé Mª Lema. Artigo de Xosé Carlos Caneiro

O Culturas de La Voz de Galicia acolleu o pasado sábado un artigo de Xosé Carlos Caneiro titulado «Stevenson» no que fala da novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema.   Stevenson Nestes últimos quince días só fun quen de ler unha novela na lingua de Nós. Abofé que pagou a pena. Veñpo de gozar moitísimo coa lectura de Costa do solpor. Gran novela, extraordinaria.

Presentación da triloxía Dragal de Elena Gallego en Madrid

O sábado, 9 de marzo, ás 11:00 horas, no Espazo de Linguas Ibéricas do Instituto Cervantes, na Universidade de Alcalá (Auditorio Ambrosio Morales), terá lugar a presentación da triloxía Dragal de Elena Gallego. Esta triloxía está formada por:  Dragal I. A herdanza do dragón, publicado en 2010 vai xa pola 5ª edición e acadou o premio Frei Martín Sarmiento (categoría 1º e 2º da ESO) 2012 ; Dragal II.