Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2013

Hixinio Puentes: «Conmoveume a historia Winnipeg, o barco fretado por Neruda para axudar aos exiliados españois e levalos desde Francia a Chile». Entrevista de Nicolás Vidal

O Diaro de Ferrol, publica unha ampla entrevista de Nicolás Vidal a Hixinio Puentes sobre a súa novela Winnipeg, que conta a historia dunha familia de Cariño e a viaxe no barco fretado polo escritor chileno Pablo. A entrevista pode lerse ou descargarse completa en pdf neste enlace.

A reedición dun clásico da poesía infantil: «Cidades», de Fran Alonso. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Cidades, o libro de poesía infantil de Fran Alonso.     Reedición moi necesaria Reedítase agora Cidades con engádegas e mesmo con cambio de ilustracións. Esta obra, publicada por primeira vez en 1997, é xa un clásico do que se adoita chamar poesía infantil-xuvenil.

Unha historia con engado: «O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas», de Ramón Caride. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da crítica unha recensión crítica sobre O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, de Ramón Caride.

«As voces baixas», de Manuel Rivas, encabeza o listado dos libros máis vendidos de narrativa

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos da información proporcionada por 13 librarías. As voces baixas, de Manuel Rivas, encabeza a lista dos máis vendidos en Narrativa, seguido de O gardián invisible de Dolores Redondo. O listado completo pode consultarse aquí.

«O gardián invisible», de Dolores Redondo, e «Amada liberdade», de F. Pérez Balleiro-Nolla no ranquing da Tabela dos libros do mes de marzo

O gardián invisible de Dolores Redondo e Amada liberdade, de Fernándo Pérez-Barreiro Nolla, sitúanse no segundo e terceiro posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de marzo na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Cea literaria con Pedro Feijoo e a súa novela “Os fillos do mar” en Sanxenxo

O venres, 8 de marzo ás 21:30 horas, no Hotel Justo de Sanxenxo, terá lugar un Cea Literaria arredor da novela Os fillos do mar de Pedro Feijoo. Esta actividade, organizada pola librería Nós, pola Adega Eidos Viticultores e polo Hotel Justo, é a primeira das NOITES LITERARIAS que están a preparar os organizadores. Reservas no teléfono: 986 69 07 50 ou nas empresas patrocinadoras.

“Tonas de laranxa” no Ateneo Eumés

O xoves, 7 de marzo, ás 20:00 horas, os escritores Manuel Lorenzo Baleirón e María Lorenzo Miguéns participarán nun encontro cos lectores do Ateneo Eumés para falar da súa novela Tonas de laranxa (Premio Xerais de Novela, 2012). O acto terá lugar no Centro Municipal de Maiores de Pontedeume.

Obradoiro de cómic “A debuxar con Marcopola” no Salón do Libro de Pontevedra

O xoves, 7 de marzo, ás 19:00 horas, Jacobo Fernández Serrano, autor da serie Marcopola. A illa remeira, impartirá un obradoiro de cómic infantil a todos os nenos e nenas que se acheguen as instalacións do Salón do Libro de Pontevedra. Marcopola. A illa remeira é unha serie de cómics dirixidos aos lectores máis novos. Está xa publicado Marcopola. 1. As orixes de Marcopola e  no mes de abril aparecerá Marcopola 2.

A memoria familiar e colectiva: «A noite branca», de Francisco Fernández Naval

O Diario de Pontevedra publicou unha información sobre o libro A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval.

A novela «A punta de pistola», de Fran Alonso, foi presentada onte ante douscentos alumnos e alumnas no IES de Teis

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela A punta de pistola, de Fran Alonso, Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia.   «A punta de pistola» Acompañei a Fran Alonso na presentación no IES de Teis de A punta de pistola, a súa novela máis recente, gañadora do Premio La Voz de Galicia de novelas por entregas 2012.