Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2013

«Estilística da lingua galega», de Xosé Ramón Freixeiro Mato encabeza o ranking dos libros máis recomendados do mes de maio na Tabela dos libros

A Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato sitúase no primeiro posto dos libros máis recomendados no mes de maio na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Carlos Reigosa: «En ‘A vitoria do perdedor’ busco unha novela de intriga». Entrevista de Alberto Ramos

Praza Pública publica unha entrevista que lle fixo Alberto Ramos a Carlos G. Reigosa en torno a súa novela A vitoria do perdedor. «O narcotráfico ten un efecto destrutor de todo, que pode contaxiar un político ou un rapaz de 17 anos» Carlos Reigosa (A Pastoriza, 1948) vén de publicar en Xerais A vitoria do perdedor.

Unha novelaza nunha lata de marmelo: «A noite branca», de Francisco Fernández Naval. Crítica de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre A noite branca, de Francisco Fernández Naval.   Unha novelaza nunha lata de marmelo Francisco X. Fernández Naval recolle na súa nova obra tres historias narrativas que xiran en torno ao que ocultan todos os conflictos bélicos, neste caso, exemplificados na historia da División Azul e a intervención española en Afganistán. Crónica de X.M.

Amizade, comprensión e entusiasmo tecnolóxico: «Desde unha estrela distante», de Agustín Fernández Paz, Crítica de Martin Pawley

Martin Pawley publicou unha recensión crítica sobre Desde unha estrela distante, de Agustín Fernández Paz.

Unha viaxe a través dos problemas da humanidade: «Feminismos», de Olga Castro e María Reimóndez. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou o pasado sábado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre sobre  Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez.

Unha edición que anima a ler: «Reckless. Vida nas sombras», de Cornelia Funke. Recomendación en Redelectura

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda Reckless. Vida nas sombras, de Cornelia Funke.     Segundas partes… Acaba de aparecer, traducida directamente, do alemán ao galego, a segunda entrega da saga de Cornelia Funke (e Lionel Wigram): Reckless. Vida nas sombras.

O debate entre Francisco Fernández Naval e Antón Riveiro Coello. Anotación de Armando Requeixo

O debate entre Francisco Fernández Naval e Antón Riveiro Coello. Anotación de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou no seu blog Criticalia unha anotación sobre o debate entre Francisco Fernández Naval e Antón Riveiro Coello en torno ás súa novelas A noite branca e Laura no deserto que celebrou na Feira do Libro de Compostela.

Ferrín, Rosalía e «Cantares gallegos». Anotación en Brétemas sobre a nova edición da obra de Rosalía de Castro

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a a presentación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira.    Ferrín, Rosalía e «Cantares gallegos» A presentación en Padrón da edición de Cantares gallegos preparada por Anxo Angueira constituíu outra emocionante homenaxe rosaliana.

Artigo de Carlos Negro sobre «Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico», de Valentina Formoso

Carlos Negro publicou en Sermos Galiza un artigo de opinión sobre Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, de Valentina Formoso.

Ledicia Costas e Ramón Nicolás, premios AELG de Literatura Infantil e Xuvenil e Ensaio

A escritora Ledicia Costas e o escritor Ramón Nicolás resultaron premiados o pasado sábado polos membros da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que elixiron as mellores obras de 2012 nunha gala celebrada no auditorio do Centro Ágora de A Coruña.

A memoria e o mar de Hixinio Puentes: «Winnipeg». Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela Winnipeg de Hixinio Puentes.   Mares de fuga Catárquica e entretida Hixinio Puentes é un escritor que desde  a investigación ou a ficción se ten ocupado do mar, do noso mar coas súas maraxes e galernas. E tamén coa súa épica.

Xerais na Feira do Libro de Santiago.

O domingo, 5 de maio, remata a Feira do Libro de Santiago na que Xerais organizou dez actos de presentación das súas últimas novidades. Pasaron pola feira autores e autoras que publicaron os seus textos nestes últimos meses: María Solar, Agustín Fernández Paz, Pere Tobaruela, Xosé Mª Lema, María Reimóndez, Antón Cortizas, Valentina Formoso, Manuel Portas e Francisco X. Fernández Naval.