Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2013

Cando as emocións pesan máis que as ideoloxías: «Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico», de Valentina Formoso. Para saír das trincheiras

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a a presentación de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, de Valentina Formoso.   O galego do estigma á estima Novo serán moi fresco e moi interesante na Feira do Libro de Compostela para presentar primeiro o Tastarabás de Antón Cortizas e despois o ensaio lingüístico de Valentina Formoso Do estigma á estima.

Aconsello vivamente a lectura de «Winnipeg», de Hixinio Puentes. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre a novela Winnipeg de Hixinio Puentes.   Vencidos, mais non derrotados Hixinio Puentes narra en “winnipeg” a historia de Manuel Pita Armada. Primeiro a súa experiencia sindicalista e política durante a II República, as súas vivencias na Guerra Civil e o seu posterior exilio a Chile. Crítica de Manuel Rodríguez.

Os novos álbums ilustrados de Merliño: Alicia Borrás e Antonio Reigosa. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou unha anotación no seu blog sobre álbums ilustrados  O señor corpo quere xogar, de Alicia Borrás e Rodrigo Chao e O aprendiz do home do saco, de Antonio Reigosa.

Pegadas xa ten web de seu

O proxecto Pegadas de materiais curriculares para as áreas de Lingua e Medio de 1º e 2º de Educación Primaria xa ten web de seu. Neste novo espazo pode consultarse as características e catálogo do proxecto, así como descargar unidades de mostra e contactar co equipo de autores e autoras. Así mesmo na web pode verse o vídeo de presentación do proxecto.

Presentación en Pontedeume de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” de Carlos Callón

O sábado, 4 de maio, ás 18:00 horas, no Local Social do Colectivo Terra, rúa Boa Vista, 8 en Pontedeume, terá lugar a presentación do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón

Un canto ao corpo: «O señor corpo quere xogar», de Alicia Borrás. Información de Mar Mato

O Faro de Vigo publicou unha información de Mar Mato sobre O señor corpo quere xogar, de Alicia Borrás e Rodrigo Chao.

Tradición e modernidade: «O aprendiz do home do saco», de Antonio Reigosa. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou no seu blog Criticalia unha recensión crítica sobre O aprendiz do home do saco, de Antonio Reigosa.   Mr.

Entrevista con Elena Gallego en Santiago TV sobre a triloxía «Dragal»

Santiago TV emitiu unha entrevista de Carlos Roma con Elena Gallego Abad sobre a triloxía Dragal . A entrevista pode verse a partir do minuto 23:45.

María Reimóndez: «Na literatura galega prima o valor comunitario de base e esa é a nosa gran oportunidade». Entrevista de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con María Reimóndez.   Parlamento das Letras María Reimóndez Comprometidamente solidaria, decidamente feminista e aínda inequivocamente galega, velaí o tríade que define a personalidade literaria de María Reimóndez, calidades que, en diversa forma e proporción, transversalizan toda a súa escrita.

Entrevista de María Solar a Antón Cortizas no Zig zag sobre «Tastarabás», a enciclopedia dos xoguetes e brinquedos tradicionais

María Solar entrevistou a Antón Cortizas no programa Zig Zag sobre Tastarabás, a enciclopedia dos xoguetes e brinquedos tradicionais.

Un libro que lle gustaría a Sarmiento: «O Códice do Santo Lugar», de Pere Tobaruela. Anotación en Brétemas e entrevista na SER

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a a presentación da novela O Códice do Santo Lugar, de Pere Tobaruela. Así mesmo, na Cadea Ser emitiuse unha entrevista con Tobaruela, desde a Feira do Libro, na que fala da súa novela.