Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2013

Presentación en Santiago de “Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais”

O mércores, 29 de maio, ás 19:00 horas, no MUPEGA, San Lázaro, 107 de Santiago, terá lugar a presentación de Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais de Antón Cortizas. No acto participarán Valentín García Gómez (Secretario Xeral de Política Lingüística), Manuel Bragado e Antón Cortizas.

Novidade: «Flor de area», de M. Lourenzo González: a historia dunha moza iraquí que racha coa opresión da súa tradición

Flor de area, de M. Lourenzo González, é unha novidade da colección Fóra de Xogo.

O potencial transformador do feminismo: «Feminismos», de Olga Castro e María Reimóndez. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez.     Oportuna cartografía dos feminismos    “O feminismo aconteceu cando as mulleres aprenderon a dicir EU”, escribiu Gayle Greene.

Novidade: «Manuel Lueiro Rey (1916-1990)», coordinado por Ramón Nicolás. A súa dimensión literaria e humana nun libro de homenaxe

Manuel Lueiro Rey (1916-1990), coordinado por Ramón Nicolás, é unha novidade de Xerais. A dimensión humana e mais o legado literario de Manuel Lueiro Rey (1916-1990) son, realmente, os que constrúen e dotan de sentido cabal este volume. A través daquelas persoas que o trataron en vida, daqueles estudosos da súa produción humanística ou, simplemente, de quen aínda se sente preto del, Manuel Lueiro Rey.

Jaureguizar, no club de Lectura Lendo no Galiñeiro con «Amor de serea»

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha anotación sobre o encontro que Jaureguizar mantivo sobre o seu libro Amor de serea no Club de Lectura Lendo no Galiñeiro.

Antonio García Teijeiro: «Se non hai mediadores que os contaxen, os nenos non chegarán á poesía». Entrevista sobre «Un rato díxolle á lúa» e a presentación de mañá

O Faro de Vigo publica unha entrevista de Amalia Mauleón a Antonio García Teijeiro a raíz da publicación da antoloxía da súa poesía Un rato díxolle á lúa, feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, que vai acompañada dun CD de Paco Ibáñez e que se presenta mañá en Vigo coa presenza do cantautor.

Feminismo ou barbarie. Anotación en Brétemas sobre «Feminismos», de Olga Castro e María Reimóndez

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez.

As partes do corpo: «O señor corpo quere xogar», de Alicia Borrás. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre O señor corpo quere xogar, de Alicia Borrás   O señor Corpo quere xogar Un libro precioso, a verdade, onde non son obxectiva porque me namoraron as ilustracións do amigo Rodrigo Chao.

Teresa Barro: «Faltaba unha interpretación do galeguismo que apareceu nos nosos anos universitarios». Anotación en Brétemas sobre «Amada liberdade»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Amada liberdade, o libro de memorias do intelectual Fernándo Pérez-Barreiro Nolla. Tamén La Voz de Galicia publicou unha información sobre a presentación que se pode ler ou descargar aquí.

«Faneca Brava», de Manuel Portas, en narrativa, e «Cantares gallegos», de Rosalía de Castro, en poesía, encabezan os libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos da información proporcionada por 13 librarías. Faneca Brava, de Manuel Portas, en narrativa,  e Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, (edición Anxo Angueira), en poesía, encabezan a lista dos máis vendidos. O resto dos títulos poden consultarse aquí.

A banda sonora orixinal do libro “As meigas de Lupa” foi seleccionada nos Premios Jerry Goldsmith

A segunda edición do libro As meigas de Lupa de María Solar , que estamos a preparar para o vindeiro outono, contará con banda sonora orixinal. O músico galego David Alonso Garzón creou desinteresadamente esta composición tras quedar engaiolado polo libro de María Solar.

Lectura amena: «O gato fantasma«, de Xelís de Toro. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre O gato fantasma, de Xelís de Toro.   Amena narración Do posible e do probable A fronteira entre realidade e ficción é,ás veces,tan fina que pasar dun lado a outro é moi doado, sobre todo, se quen camiña son rapaces aos que lles resulta complicado diferenciar entre o desexo, o posible e o probable.