Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2013

«Cartas de inverno», de Antonio Seijas. Crítica de Mª Jesús Fernández

A revista Clij publicou unha recensión crítica de Mª Jesús Fernández sobre a novela gráfica Cartas de inverno, de Antonio Seijas. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

«O aroma do liquidámbar», de An Alfaya. Crítica de Mª Jesús Fernández

A revista Clij publicou unha recensión crítica de Mª Jesús Fernández sobre O aroma do liquidámbar, de An Alfaya, un libro ilustrado por Marina Seoane. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

O IES de Silleda dedica unha aula a Antonio Reigosa

O IES Pintor Colmeiro de Silleda dedicou unha aula a Antonio Reigosa, tal e como recolle o blog Trafegando ronseis. Aula Antonio Reigosa Onte foi outro deses días extraordinarios que a min me deixan totalmente exhausta pero completamente satisfeita.

«Fantasmas de luz», de Agustín Fernández Paz, encabeza as Listas de Honra da revista CLIJ

A novela Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz, encabeza as Listas de Honra da revista Cadernos de Literatura Infantil y Juvenil na categoría de libros para máis de 14 anos.

Unha impecable edición de Anxo Angueira: «Cantares gallegos» de Rosalía de Castro. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Cantares gallegos de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira.

Presentación en Vigo de “Un rato díxolle á lúa” de Antonio García Teijeiro

O martes, 28 de maio, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Un rato díxolle á lúa de Antonio García Teijeiro. No acto participarán Román Raña, Fran Alonso (antólogo), Xosé Cobas (ilustrador), Manuel Bragado e o autor e contará coa actuación musical de Paco Ibáñez que musicou varios poemas incluídos no CD que acompaña o libro.

Entrevista de Pemón Bouzas a Manuel Portas no programa Eirado, da TVG, sobre a súa novela «Faneca Brava»

O programa da TVG O Eirado, que dirixe o xornalista e escritor Pemón Bouzas, emitiu unha entrevista a Manuel Portas sobre a súa nova novela Faneca Brava.

Ampla reportaxe de Jaureguizar sobre «Amada liberdade», o libro de memorias de Fernándo Pérez-Barreiro Nolla

O xornal O Progreso publica unha ampla e interesante reportaxe de dúas páxinas sobre Amada liberdade, o libro de memorias do intelectual Fernándo Pérez-Barreiro Nolla, e sobre a súa figura.

Unha publicación de alto valor: «Estilística da lingua galega», de Xosé Ramón Freixeiro Mato. Artigo de Mercedes Queixas

Sermos Galiza publicou un artigo de Mercedes Queixas sobre Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato.     Estilística da lingua galega Estilística da lingua galega é o recente título editado que compendia, máis unha vez, o ímprobo esforzo de estudo e análise investigadora que o profesor da Facultade de Filoloxía da UDC, Xosé Ramón Freixeiro Mato, dedica á lingua galega.

Unha novela cun fondo cultural infrecuente: «Costa do Solpor», de Xosé Mª Lema. Crítica de Mario Regueira

O blog sobre Costa do Solpor recolle a recensión crítica de Mario Regueira sobre a novela de Xosé Mª Lema que publicou Sermos Galiza.

Xerais na Feira do Libro de Pontevedra

Do mércores, 22  ao domingo, 26 de maio, na Praza da Ferrería, terá lugar a Feira do Libro de Pontevedra na que Xerais organiza os seguintes actos: Día 23 XOVES 19:00 horas:      Presentación do libro Endogamia 0.2 (Segunda entrega do Proxecto AKTUAL da colección Fóra de xogo) de Ramón Caride. Participan: Manuel Busto, Fran Alonso o autor. 20:00 horas:     Presentación do libro Faneca Brava de Manuel Portas.

Presentación de “Amada liberdade” na Coruña

O venres, 24 de maio, ás 20:00 horas, na sede da Real Academia Galega, rúa Tabernas, 11 da Coruña, terá lugar a presentación do libro Amada liberdade de Fernando Pérez-Barreiro Nolla. No acto participarán o Presidente da RAG  Xesús Alonso Montero, Teresa Barro e Manuel Bragado.