Publicado o 28 Xuño, 2013 nas categorías Autores, Feiras_do_libro, Nota de prensa, Noticias, Presentacións, Sinatura, Xerais
Do venres, 28 de xuño ao domingo, 7 de xullo, terá lugar, na Praza de Compostela, a Feira do Libro de Vigo, 2013.
Xerais ten organizados os seguintes actos:
Día 29 de xuño, sábado
19:30 h.: Pedro Feijoo asina exemplares de Os fillos do mar. Na caseta da organización.
Día 2 de xullo, martes
19:00 h.: Presentación de Faneca Brava de Manuel Portas. Participan: Ramón Nicolás, Manuel Bragado e o autor.
19:30 h.
Ler máis →
Publicado o 27 Xuño, 2013 nas categorías Autores, Narrativa, Presentacións, Xerais, Xerais nos blogs
Manuel Bragado publica no seu blog unha crónica da presentación da novela de Marina Mayoral en Compostela.
Acompañamos a Marina Mayoral na presentación en Couceiro da súa novela máis recente O anxo de Eva. Foi Xesús Alonso Montero, o presidente da Academia Galega, quen glosou a novela e os escritores Berta Dávila e Alberto Ramos os que pecharon a presentación coa lectura do primeiro capítulo da obra.
Ler máis →
Publicado o 27 Xuño, 2013 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 28 de xuño, ás 20:00 horas, na librería Nova Colón, rúa Olmos, 9 da Coruña, terá lugar a presentación da novela As vidas de Nito de Xabier Paz.
No acto participarán Mada Carballeira e Xabier Paz.
Ler máis →
Publicado o 27 Xuño, 2013 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Ramón Nicolás publicou o pasado sábado, 22 de xuño, no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia esta entrevista con Marina Mayoral autora da novela O anxo de Eva:
Marina Mayoral (Mondoñedo, 1942) presentará este vindeiro mércores O anxo de Eva nunha libraría compostelá, xunto con Xesús Alonso Montero e Manuel Bragado, onde Berta Dávila e Alberto Ramos darán lectura a un capítulo da obra.
Ler máis →
Publicado o 27 Xuño, 2013 nas categorías Autores, Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Ramón Nicolás publicou o pasado sábado, 22 de xuño, no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica da novela de Marina Mayoral O anxo de Eva:
Polas páxinas d´O anxo de Eva, última novela da escritora mindoniense Marina Mayoral, circulan personaxes de carne e óso e outros que non o son pero ben parecen selo.
Ler máis →
Publicado o 26 Xuño, 2013 nas categorías Clubs_de_lectura, Narrativa, Presentacións
O xoves, 27 de xuño, ás 19:30 horas, Marina Mayoral presentará a súa novela O anxo de Eva. A xornalista Susana Pedreira de Onda Cero Pontevedra faralle unha entrevista na librería Cronopios, rúa Frei Xoán de Navarrete, 5 de Pontevedra.
O club de lectura da librería Cronopios participará nesta presentación.
Ler máis →
Publicado o 26 Xuño, 2013 nas categorías Cómic, Presentacións
O xoves, 27 de xuño, ás 18:00 horas, na libraría KOMIC, rúa San Pedro de Mezonzo, 34 de Santiago, terá lugar a presentación e sinatura de exemplares de Marcopola 1. As orixes de Marcopola e Marcopola 2. Os Piratas da Lúa de Jacobo Fernández Serrano.
Segunda entrega desta idea xenial que comeza a encher un oco ben grande da nosa Literatura: banda deseñada para os máis novos.
Ler máis →
Publicado o 26 Xuño, 2013 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves, 27 de xuño, ás 20:00 horas, na livraría Torga, rúa da Paz, 16 de Ourense, terá lugar a presentación da novela As vidas de Nito de Xabier Paz.
No acto participarán Mercedes Suárez, Manuel Bragado e Xabier Paz.
Ler máis →
Publicado o 26 Xuño, 2013 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves, 27 de xuño, ás 20:30 horas, nas instalacións de Exposalnés, praza da Calzada en Cambados, terá lugar a presentación da novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema. No acto, organizado pola librería Ramón Cabanillas, participará Francisco Fernández Rei e Xosé Mª Lema.
Ler máis →
Publicado o 26 Xuño, 2013 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios
Ramón Rozás publica unha longa entrevista no Diario de Pontevedra con Xabier López, gañador do Premio Xerais de novela 2013 por Cadeas.
Aquí poden descargarse as dúas páxinas en pdf.
Ler máis →
Publicado o 26 Xuño, 2013 nas categorías Artigos literarios, Autores, Fóra_de_colección, Presentacións, Xerais
Luís Cochón pronunciou o discurso titulado «Lueiro na crista do galo» no acto da presentación en Pontevedra do libro Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida. coordinado por Ramón Nicolás:
Veño nestes días, na honra de pregoar o nome de Manuel Lueiro Rei verbo desta homenaxe que se lle rende no libro este que tentamos presentar, hoxe, aquí, diante vós.
Ler máis →
Publicado o 25 Xuño, 2013 nas categorías Narrativa, Presentacións
O mércores, 26 de xuño, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a prensentación da novela O anxo de Eva de Marina Mayoral.
No acto participarán Xesús Alonso Montero, Manuel Bragado e Marina Mayoral.
Os escritores Berta Dávila e Alberto Ramos farán unha lectura do primeiro capítulo da novela.
Ler máis →