Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2013

O IES de Silleda dedica unha aula a Agustín Fernández Paz

O IES Pintor Colmeiro de Silleda, que dedicou unha aula a Agustín Fernández Paz, tal e como recolle o blog As Ferreiras.   Aula Agustín Fernández Paz Agustín Fernández Paz esitvo connosco vía skype este pasado mércores 12/06/2013. E claro, inauguramos unha aula co seu nome. Nesta presentación explicamos como se desenvolveu a xornada.

Marcos Calveiro: «O final sempre é o primeiro que escribo». Entrevista de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con Marcos Calveiro.   Parlamento das Letras Marcos Calveiro A traxectoria autorial de Marcos Calveiro está marcada pola asombrosa capacidade para explorar novos rumbos.

Premios Xerais 2013. Entrevistas: María Solar, escritora

Pedro Feijoo, galardoado co Premio Arcebispo Xoán de San Clemente pola súa novela «Os fillos do mar»

O escritor Pedro Feijoo foi galardoado onte co Premio Arcebispo Xoán de San Clemente pola súa novela Os fillos do mar.

Premios Xerais 2013. Entrevistas: Ramón Nicolás, crítico

Presentación na Coruña dos cómics “Marcopola. A illa remeira” de Jacobo Fdez Serrano

O sábado, 22 de xuño, ás 19:00 horas, na libraría Sisargas, rúa Curros Enriquez, 9 da Coruña, terá lugar a presentación e sinatura de exemplares  de Marcopola 1. As orixes de Marcopola e Marcopola 2. Os Piratas da Lúa de Jacobo Fernández Serrano.

Presentación en Muxía de “Costa do Solpor” de Xosé Mª Lema

O venres, 21 de xuño, ás 21:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Muxía, terá lugar a presentación da novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema. No acto participarán Félix Porto (Alcalde de Muxía), Manuel Vilar Álvarez (antropólogo), Alexandre Nerium (poeta) e Xosé Mª Lema.

Presentación en Gondomar de “As vidas de Nito” de Xabier Paz

O venres, 21 de xuño, ás 20:00 horas, na libraría Libraida, rúa Rosalía de Castro, 13 de Gondomar, terá lugar a presentación da novela As vidas de Nito de Xabier Paz. No acto participarán Camiño Noia, Fran Alonso e Xabier Paz.

Premios Xerais 2013. Entrevistas: Dolores Vilavedra, crítica

Premios Xerais 2013. Entrevistas: Xesús Alonso Montero, presidente da RAG

As lembranzas autobiográficas do duro paraíso: «As voces baixas», de Manuel Rivas. Crítica de Ángel Berlanga

O diario arxentino Página 12 publica unha recensión de Ángel Berlanga sobre As voces baixas, de Manuel Rivas.     El duro paraíso La infancia y la aldea natal. Los recuerdos del duro paraíso del que proviene y que también explica el origen de la literatura en su vida, constituyen el centro de Las voces bajas, de Manuel Rivas, relato autobiográfico escrito en galego y traducido al castellano por el propio autor.

Os dereitos humanos, a ecoloxía e os retos da tecnoloxía: «Endogamia 0.2», de Ramón Caride

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre Endogamia 0.2, de Ramón Caride.   «Endogamia 0.2», retratos do presente (Dous) Prosegue Ramón Caride no ronsel de Exogamia 0.