Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2013

Fina Casalderrey, cos alumnos e alumnas da aula que leva o seu nome no IES Pintor Colmeiro

O IES Pintor Colmeiro de Silleda, que dedicou unha aula a Fina Casalderrey, tal e como recolle o blog Trafegando ronseis, publica agora un vídeo coas actividades e a intervención da escritora.

Texto de Francisco Fernández Rei sobre «Costa do Solpor», de Xosé Mª Lema, lido na presentación de Teo

O blog sobre Costa do Solpor reproduce o texto que escribiu Francisco Fernández Rei para a presentación da novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema, en Teo.

Premios Xerais: 30 anos de historia, en ZigZag Diario

O espazo da tvG2 deu conta dos Premios Xerais, entregados a pasada fin de semana, e botou a vista atrás para facer balance dos 30 anos destes galardóns de novela. “ZigZag Diario” falou co director de Xerais, Manuel Bragado; e cos escritores Alfonso Álvarez Cáccamo, gañador do premio en 1990 por As baleas de Eduardo Reinoso; e Rexina Vega, gañadora en 2007 por Cardume.

«Un rato díxolle á lúa», de Antonio García Teijeiro, o poeta que contaxia a paixón polo verso. Reportaxe de Carme Vidal

Carme Vidal publicou en Sermos Galiza unha reportaxe sobre Un rato díxolle á lúa, a antoloxía poética de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez.

Os enredos de «Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais», unha alternativa aos deberes. Ampla reportaxe de Rodri García

La Voz de Galicia publicou no suplemento Culturas unha ampla reportaxe de dúas páxinas de Rodri García sobre Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais de Antón Cortizas. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Presentación en Vigo de “Marcopola. A illa remeira” de Jacobo Fernández Serrano

O sábado, 15 de xuño, a partir das 18:30 horas, na librería Banda Deseñada, rúa Cataluña, 27 de Vigo, Jacobo Fernández Serrano, presenta e asina exemplares da súa exitosa serie de cómic Marcopola. A illa remeira.

Presentación en Arteixo de “Costa do Solpor” de Xosé Mª Lema

O venres, 14 de xuño, ás 21:00 horas, na librería A lus do candil, rúa Historiador Vedía, 3 de Arteixo, terá lugar a presentación da novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema. No acto participarán Xosé Mª Rei Lema e Xosé Mª Lema.

Pedro Feijoo: «Cando tes que describir como é unha batalla de galeóns cómpre pasar moitas horas de biblioteca». Entrevista de Manuel Varela

La Opinión da Coruña publicou unha entrevista de Manuel Varela con Pedro Feijoo sobre Os fillos do mar. (Foto de Jesús de Arcos).

Presentación en Vigo de “As vidas de Nito” de Xabier Paz

O venres, 14 de xuño, ás 20:00 horas, na librería Andel, rúa Pintor Lugrís, 10 de Vigo, terá lugar a presentación da novela As vidas de Nito de Xabier Paz. No acto participarán Iolanda Veloso, Manuel Bragado e Xabier Paz.

«Un rato díxolle á lúa», de Antonio García Teijeiro, en Poesía, e «Inmateriais», de Suso de Toro, en Ensaio, encabezan os libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos da información proporcionada por 13 librarías. Un rato díxolle á lúa, de Antonio García Teijeiro, en Poesía, e Inmateriais, de Suso de Toro, en Ensaio, encabezan os libros máis vendidos. O resto dos títulos poden consultarse aquí.

Os problemas, complexos e orgullos da dicotomía galego-español: «Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico», de Valentina Formoso. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou o pasado domingo nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica do libro Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, de Valentina Formoso. A recensión pode lerse neste enlace.

Presentación en Betanzos de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” de Carlos Callón

O xoves, 13 de xuño, ás 20:00 horas, na Sala Azul do Liceo de Betanzos, terá lugar a presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón. Este acto está organizado pola Asociación Cultura Eira Vella.