Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2013

Premios Xerais 2013. Entrevistas: Xabier López López

Premios Xerais 2013: galería fotográfica

Antonio Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, primeiras entrevistas

ACTUALIZADO (12/06/2013). Aparecen as primeiras entrevistas a Antonio Fraga, autor de O castiñeiro en abril, obra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2013. «A miña preocupación é que o libro non resultase condescendente nin brando para os rapaces»; entrevista de Camilo Franco en La Voz de Galicia (09/06/2012).

Presentación en Ourense de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” de Carlos Callón

O martes, 11 de xuño, ás 20:30 horas, no Café Cultural Auriense de Ourense, terá lugar a presentación do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón. Este acto está organizado pola Asociación Cultural Auriense.

Xabier López López, Premio Xerais de Novela 2013, primeiras entrevistas

ACTUALIZADO (11/06/2013).

Os Premios Xerais 2013 nos blogs e nas Redes Sociais

ACTUALIZADO (19/06/2013). A través dos blogs e, en xeral, das redes sociais a cerimonia do fallo dos Premios Xerais 2013 o pasado sábado 8 na Illa de San Simón atopou moito eco. Twitter fíxose amplo dos premios, singularmente a través de etiquetas como #xerais13, premiosxerais2013,  #xerais, etc.. Na foto de Manuel G. Vicente, Celia Torres durante a cerimonia dos premios.

Os Premios Xerais 2013 nos medios de comunicación

ACTUALIZADO (20/06/2013). Tanto os medios de comunicación como os blogs e as redes sociais publicaron esta fin de semana numerosas crónicas sobre a cerimonia e fallo dos Premios Xerais 2013 o pasado sábado 8 na Illa de San Simón. Recollemos os enlaces ás noticias nos medios de comunicación. Na foto, actuación musical de Os irmandiños de Vincios no Auditorio multiusos da Illa de San Simón.

Xabier Docampo mantedor literario dos Xerais 2013

O escritor Xabier DoCampo, como mantedor literario desta velada, comezou o seu discurso, titulado «E eu serei unha cerdeira(panfleto)», lembrando que a primeira lección que aprendera dun libro foi «que nos libros hai que procurar, máis que o que me contan, o que hai de min, alí, entre as súas follas. Porque a literatura ten a cualidade de nos falar de nós mesmos.

“Cadeas” de Xabier López premio Xerais de novela 2013

O xurado da 30ª edición do Premio Xerais de novela acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema «Cadeas» que, despois de aberta a plica, resultou ser de Xabier López López e corresponde ao título Cadeas. Xabier López López (Bergondo, 1974) é licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña.

“O castañeiro de abril” de Antonio Fraga, premio Merlín 2013

O xurado da 28ª edición do premio Merlín de literatura infantil acordou por unanimidade declarar como gañadora a obra presentada baixo o lema «Sochantre de Pontivy», que, despois de aberta a plica, resultou ser de Antonio Manuel Fraga Allegue e corresponde ao título O castañeiro de abril. Antonio Manuel Fraga Allegue (Pontedeume, 1976), estudou Enxeñaría Técnica Industrial en Ferrol.

Antonio Fraga e Xabier López, premios Xerais 2013

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 8 de xuño, ditamináronse a XXXª edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 15.000 euros e a XXVIIIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros. Esta festa literaria consistiu nun acto literario-musical, celebrado no Auditorio da illa de San Simón, ao que seguiu unha merenda nos xardíns da illa.

Diego Ameixeiras e Pedro Feijoo: dous autores de novela negra na Feira de Ourense

Os xornal Tempo de Lecer Ourense publica unha reportaxe de Mónica Vázquez sobre os escritores Diego Ameixeiras e Pedro Feijoo presentaron a súas novelas na Feira do Libro de Ourense: Todo OK e Os fillos do mar.