Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2013

Entre Arousa e Barcelona: «Faneca Brava», de Manuel Portas

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publica unha información de Raquel Iglesias sobre a presentación de Faneca Brava, de Manuel Portas, na Pobra, da man de Barbantia.   Unha novela a medio camiño entre Arousa e Barcelona Manuel Portas presentou en A Pobra o seu libro «Faneca brava», no seo da asociación cultural Barbantia A literatura segue o seu percorrido pola bisbarra da man da asociación cultural Barbantia.

Orixinalísimo traballo audiovisual sobre «As meigas de Lupa», de María Solar

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a  Banda Sonora Orixinal do libro As meigas de Lupa de María Solar, realizada por David Alonso Garzón, preseleccionada nos premios Jerry Goldsmith do Festival Internacional de Música de Cine de Córdoba.

Intervención de Teresa Barro sobre «Amada liberdade», de Fernándo Pérez-Barreiro Nolla

Reproducimos o texto da intervención de Teresa Barro na presentación na Real Academia Galega de Amada liberdade, o libro de memorias do intelectual Fernándo Pérez-Barreiro Nolla.

«Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico», de Valentina Formoso, visto desde Euskadi

A web Garaigoikoa faise eco, cunha anotación en éuscaro, do libro Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, de Valentina Formoso.     Borrando a G Valentina Formosok liburu mardula idatzi du: Do estigma á estima. Galizierazko arnasguneetako gazteen gaineko analisi zorrotza egiten du eta, gainera, aurrera begirako proposamenak egiten ditu.

O paso do tempo: «As vidas de Nito», de Xabier Paz. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou o pasado sábado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre As vidas de Nito, de Xabier Paz.

Relatos populares dun membro de Brais Pinto: «Retallos daquela infancia», de Bautista Álvarez. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o libro de relatos Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez.   Bautista Álvarez narrador Dediquei unhas horas da tarde do domingo a preparar o borrador do texto de contracuberta de Retallos daquela infancia, o libro co que Bautista Álvarez debuta como narrador.

As pesquisas da inspectora Salazar en «O gardián invisible» de Dolores Redondo. Anotación en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre a novela O gardián invisible de Dolores Redondo.   O gardián invisible Puntual coma un reloxo suízo, volve Carme coa súa recomendación mensual. Desta volta, tráenos un libro que me agarda na mesiña e que terá que agardar ata o verán.

Memorable edición crítica de Anxo Angueira dos «Cantares gallegos» de Rosalía de Castro. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre Cantares gallegos de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira.   «Cantares gallegos», memorable edición crítica O 17 de maio de 1863 tivo lugar en Vigo a publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, o que supuxo o comezo do Rexurdimento xa na súa plenitude.

«Faneca Brava», de Manuel Portas, entre os libros mellor considerados na Tabela dos libros do mes de xuño

Faneca Brava, de Manuel Portas, comparte o segundo posto dos libros máis recomendados no mes de xuño na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Antonio García Tejeiro: «’Un rato díxolle á lúa’ ten poesía con música, con xogos, con rimas e onomatopeias»

O Atlántico publicou unha entrevista de Ana Baena a Antonio García Teijeiro  pola súa antoloxía poética Un rato díxolle á lúa, feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez. «É unha honra que alguén como Paco Ibáñez cante en galego» Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952), mestre e poeta, presentou onte a súa última publicación ‘Un rato díxolle á lúa’.

Unha guía para orientar a normalización lingüística: «Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico», de Valentina Formoso

O blog Carta Xeométrica publicou unha recensión crítica sobre Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, de Valentina Formoso.   Propostas para un novo discurso lingüístico Hai un ambiente festivo dentro do autobús. Un algareiro grupo de adolescentes acaban de chegar a Vigo. Estudan nun instituto dunha vila pequena e están nunha realizando unha excursión. Entre eles falan decote en galego.

Imprescindible para os profesionais da lingua: «Estilística da lingua galega», de Xosé Ramón Freixeiro Mato. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato.