Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2013

Xerardo Agrafoxo, autor de «Quen matou o Cantino?», pronuncia un emocionante discurso en Noia sobre O Cantino nun acto de homenaxe institucional

O xornal Certo informa de que o escritor e historiador Xerardo Agrafoxo, autor deQuen matou o Cantino?, participou en Noia nun acto institucional que rendeu homenaxe a Ramón Mayán Ramos, O Cantino.   Noia: Ramón Mayán, O Cantino, asasinado en 1936 polos fascistas, xa ten placa no rueiro noiés Noia, xullo de 2013.

A avoa galega de García Márquez, artigo de Ceferino de Blas sobre «A Galicia máxica de García Márquez», de Carlos G. Reigosa

Ceferino de Blas publicou no suplemento do sábado do Faro de Vigo unha ampla reportaxe sobre  o libro A Galicia máxica de García Márquez, de Carlos G. Reigosa. A reportaxe pode lerse ou descargarse neste enlace en pdf.

Novidade: «Retallos daquela infancia», de Bautista Álvarez. Relatos próximos á memoria e á infancia

Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez, é unha novidade da colección Narrativa. Bautista Álvarez, membro da xeración Brais Pinto e veterano político nacionalista, recolle neste seu primeiro libro de narrativa, que confesa “anda cerca das memorias”, un monllo de relatos ambientados nos anos da súa infancia nas terras natais de Las, Eiras e Loucía, no concello ourensán de San Amaro.

Miscellaneous: «Anthology of Galician Literature 1981-2011», by Jonathan Dunne. Crítica de David Mackenzie

A revista de libros de California World Literature Today (xullo 2013) publicou unha recensión crítica de David Mackenzie sobre a Antoloxía da literatura galega 1981-2011 / Anthology of Galician Literature 1981-2011, da que é responsable Jonathan Dunne. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf.

Carlos Reigosa: «A esencia do escritor está na mirada que procede da infancia e a miña sempre será a dun neno labrego»

Sermos Galiza publicou unha entrevista de María Abelleira a Carlos G. Reigosa sobre o libro A Galicia máxica de García Márquez.   «A esencia do escritor está na mirada que procede da infancia e a miña sempre será a dun neno labrego» Carlos G. Reigosa é un dos nomes máis respectados e prolíficos das letras galegas.

A reinvindicación dunha figura: «Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida». Crítica de Ramón Rozas

Ramón Rozas publicou en El Progreso unha recensión crítica sobre o libro Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, coordinado por Ramón Nicolás. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf.

Unha boa proposta literaria, orixinal e capaz de seducir: «Costa do Solpor», de Xosé Mª Lema. Crítica de Gracia Santorum

Gracia Santorum recolle no seu blog, Trafegando ronseis, unha recensión crítica da novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema, publicada na revista Grial.     Costa do Solpor Non buscabamos até agora a Xosé María Lema na lista dos nosos escritores de ficción.

Novidade: «Días que non foron», de Luís Rei Núñez. Historias que exploran a conduta humana

Días que non foron, de Luís Rei Núñez, é unha novidade da colección Narrativa.

Novidade: «Historia de Galicia», Anselmo López Carreira. Un libro con vocación de divulgar a nosa historia

Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira, é unha novidade con intención divulgativa. A dialéctica social do ser humano, actuando secularmente no seu contorno, foi creando as comunidades nacionais, que se procuran e se recoñecen na experiencia da súa propia historia.

Novidade: «Premios Literarios e de ilustración na LIX», da Red Temática de Investigación “LIJMI”

Publicamos Premios Literarios e de ilustración na LIX, un novo título da Red Temática de Investigación “LIJMI”, con Blanca Ana Roig Rechou , Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez como coordinardoras.

Máis que grande: «Inmateriais», de Suso de Toro. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos Atlántico Diario e La Región unha recensión crítica sobre Inmateriais, de Suso de Toro.   Suso de Toro materialízase Poucas noticias peores no noso mundo literario que aquela que hai un par de anos anunciaba que o Suso de Toro deixaba de escribir. Ou de publicar. Suso de Toro,  de quen un día dixen que a súa escrita criaba adicción.

Texto de Xosé Mª Rei Lema sobre «Costa do Solpor», de Xosé Mª Lema, lido na presentación de Arteixo

O blog sobre Costa do Solpor reproduce o texto que escribiu Xosé Mª Rei Lema para a presentación da novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema, na librería Á lus do candil (Arteixo), o 4/06/2013.