Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2013

Material imprescindible: «Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico», de Valentina Formoso. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica do libro Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, de Valentina Formoso.   Mover conciencias Finísima análise Para todas e todos os que estamos implicados coa promoción e defensa da lingua e da cultura galega, principalmente as e os ensinantes, o ensaio Do estigma á estima.

Tradición e modernidade: «O aprendiz do home do saco», de Antonio Reigosa. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre O aprendiz do home do saco, de Antonio Reigosa.

Unha historia moi ben levada e con recursos propios dunha película de acción: «Flor de area», de M. Lourenzo González. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet,  unha recensión crítica sobre Flor de area, de M. Lourenzo González.     Entre o novo xornalismo e a novela bizantina Manuel Lourenzo cóntanos nesta novela a historia dunha rapaza que tenta ser independente e libre no Iraq posterior a Sadam Husein.

A perda que se anoa co amor e a morte: «Raíz da fenda», de Berta Dávila. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre o poemario Raíz da fenda de Berta Dávila (XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu).

Carlos Reigosa explora a relación de García Márquez con Galicia

Samuel Regueira publica en El Correo Gallego unha información sobre o libro A Galicia máxica de García Márquez, de Carlos G. Reigosa.

David Pobra, gañador do Certame de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira 2013

O escritor David Pobra resultou gañador do Certame de Novela curta Cidade Centenaria de Ribeira 2013. A novela gañadora será publicada por Xerais, tal e como vén sendo habitual. Diversos medios como O Diario de Arousa, La Voz de Galicia, Certo xornal, e Veintisie7e TV. Reproducimos o vídeo desta cadea así como a información de Certo.

Fóra de Xogo: 150 títulos e 834.000 exemplares vendidos. En Galicia Confidencial

Galicia Confidencial faise eco do feito de que a colección  Fóra de Xogo chega, coa publicación de Todos somos, de Marcos Calveiro, aos 150 títulos editados, con 834.000 exemplares vendidos.   Unha colección con 150 títulos e 834.

A colección Fóra de Xogo chega aos 150 títulos

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a colección Fóra de Xogo, que chega aos 150 títulos publicados.   Fóra de Xogo 150 Onte chegaron os exemplares de control de calidade de Todos somos, a nova novela de Marcos Calveiro, coa que a colección Fóra de Xogo acada o seu título 150. Unha cifra redonda que non podo deixar de salientar.

Presentación en Compostela de “Raíz da fenda” de Berta Dávila

O xoves, 11 de xullo, ás 20:00 horas, na libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7 de Santiago, terá lugar a presentación do poemario Raíz da fenda de Berta Dávila (XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu). No acto participarán Marilar Aleixandre, Fran P. Lorenzo, Fran Alonso e Berta Dávila. A autora fará un agasallo a cada un dos asistentes.

Antonio Seijas: «Adaptar unha novela á banda deseñada é un proceso difícil». Entrevista de Alberto Sánchez

La Voz de Galicia publicou o pasado día 4 de xullo unha entrevista de Alberto Sánchez a Antonio Seijas, a autor da novela gráfica Cartas de inverno, baseada na novela de Agustín Fernández Paz.

Presentación en Vigo de “Os xornalistas utópicos” de Manuel Veiga

O mércores, 10 de xullo, ás 20:00 horas, na libraría Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12 de Vigo, terá lugar a presentación da novela Os xornalistas utópicos de Manuel Veiga.

Amena investigación xornalística: «A Galicia máxica de García Márquez», de Carlos G. Reigosa. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet,  unha recensión crítica sobre  o libro A Galicia máxica de García Márquez, de Carlos G. Reigosa.   O engado da verdade poética Desde hai tempo circula a fantasía ou mesmo realidade da suposta avoa galega de García Márquez.