Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2013

«As vidas de Nito», en Narrativa; «Raíz da fenda», en Poesía; «Flor de area» en Infantil e Xuvenil, e «Marcopola 2» en Banda Deseñada encabezan os libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos da información proporcionada por 13 librarías. As vidas de Nito, de Xabier Paz, en Narrativa, Raíz da fenda, de Berta Dávila, en Poesía;  Flor de area, de M.

«Un debate a dúas mans: «A noite no deserto», Con Francisco X. Fernández Naval, Antón Ribeiro Coello e moderado por Ramón Nicolás

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha crónica sobre «A noite no deserto», o debate que manteñen Francisco X. Fernández Naval e Antón Riveiro Coello sobre as súas respectivas novelas A noite branca e Laura no deserto, nun espazo de colaboración entre as editoras Xerais e Galaxia. O debate foi moderado por Ramón Nicolás, que o recolle no seu blog.

Temas sociais sen moralismos: «Endogamia 0.2», de Ramón Caride. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet,  unha recensión crítica sobre Endogamia 0.2, de Ramón Caride.

Elena Gallego: «O dragón medrou de tal maneira que incluso me sorprende a min». Entrevista de Alberto Sánchez

La Voz de Galicia publicou onte unha entrevista de Alberto Sánchez a Elena Gallego Abad sobre o salto da triloxía Dragal de aos soportes multimedia.

O argumento político dun país: «Inmateriais» de Suso de Toro. Crónica en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha crónica sobre a presentación de Inmateriais, de Suso de Toro.   «Inmateriais» de Suso de Toro Outro serán excelente na Feira do Libro de Vigo. Unha marabilla! Moito público nas asinaturas de Agustín Fernández Paz e Xabier Paz e nas presentacións de Cartas de inverno, a novela gráfica de Antonio Seijas, e Inmateriais, o novo libro de Suso de Toro.

«Aire negro», de Agustín Fernández Paz, publicado na Arxentina

A editorial Cántaro, do grupo McMillan acaba de publicar para a Arxentina unha edición de Aire negro, de Agustín Fernández Paz, dirixida ao público xuvenil.

Novidade: «Cancela aberta», de Xosé Neira Vilas

Cancela aberta, de Xosé Neira Vilas, é unha novidade da colección Crónica. Traspoñer esta cancela é coma acceder a unha feira na que hai de case todo; é coma entrar nun mundo de noticias e curiosidades diversas.

Suso de Toro: «’Inmateriais’ é unha lectura persoal de Galiza como pobo, como reino, nación, comunidade humana». Entrevista de Montse Dopico

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Suso de Toro.   «Só a soberanía nos permitiría solucionar os nosos problemas como país» Unha galería de personaxes que poida resumir “as nosas capacidades, dilemas e posibilidades” como país. Así presenta Suso de Toro o contido de Inmateriais (Xerais), o seu novo libro.

Os libros triunfan na rúa. Suso de Toro e Agustín Fernández Paz opinan sobre a situación actual do libro. Reportaxe de María Bragado

O Faro de Vigo publicou unha reportaxe de María Bragado con opinións de  Suso de Toro e Agustín Fernández Paz, que opinan sobre a crise e o futuro do libro desde a Feira do Libro de Vigo. (Foto de José Lores).

Xerais incorpora as novidades xuvenís e a poesía ao formato ebook. «Flor de area», de M. Lourenzo González, o primeiro título de Fóra de Xogo en formato dixital

Flor de area, de M. Lourenzo González, é o primeiro título de Fóra de Xogo en formato dixital, o primeiro nunha nova liña de ampliación da oferta de libro dixital, que pretende achegarse deste xeito aos lectores e lectoras xuvenís. Nas vindeiras semanas incorporaranse ao catálogo dixital, tamén para público xuvenil e na mesma colección, Endogamia 0.

«Galegos sen fronteiras», de José Colmeiro, o primeiro libro nativo dixital de Xerais

Xa está á venda Galeg@s sen fronteiras, de José Colmeiro, o primeiro libro nativo dixital de Xerais. Galeg@s sen fronteiras, que presenta unha serie de conversas con algunhas das figuras máis relevantes da efervescencia cultural galega contemporánea, publícase unicamente en formato dixital, na colección Crónica, destinado a calquera dos formatos, soportes e principais plataformas existentes (Apple, Amazon, Todoebook).

Marina Mayoral: «Esta novela nace do meu interese polos problemas dos adolescentes e polas súas vivencias». Entrevista de Lourdes Varela

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo (27/06/2013) publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Marina Mayoral pola súa nova novela O anxo de Eva.