Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2013

Novidade: «Quen matou o Cantino?», de Xerardo Agrafoxo. O 36 no Concello de Noia

Quen matou o Cantino?, de Xerardo Agrafoxo é unha das novidades da colección Crónica. Ramón Mayán Ramos, o Cantino, veciño de Noia, foi executado no cemiterio de Boisaca o 10 de outubro de 1936, acusado polos fascistas de «cometer un delito de rebelión militar».

Novidade: «Os xornalistas utópicos», de Manuel Veiga. Trinta anos da historia recente, desde 1977 ata hoxe

Novidade: Os xornalistas utópicos, a nova novela de Manuel Veiga. Nesta novela mestúranse voces, xéneros e escenarios (Vigo, Madrid, Monforte, Porto ou San Francisco) até compoñer un fresco de trinta anos de historia, dende 1977, ano das primeiras eleccións democráticas, pintado coa pincelada subxectiva duns personaxes situados sempre entre o realismo atroz e a utopía paródica.

Miguel Sande recomendou «Dark Butterfly» e «As voces baixas» como lecturas para o verán

Miguel Sande recomendou no Culturas de La Voz de Galicia as novelas Dark Butterfly, de Rexina Vega, e As voces baixas, de Manuel Rivas, como lecturas para o verán.   Rivas ou Rexina Vega Aquí, confeso, tamén tiven dúbidas. Recomendaria de boa gafia unha novela da que tratei de aprender, anovadora, magnitica, novela do futuro se o futuro fose da novela, que o dubido.

Unha muller que padece polo seu espírito rebelde: «Faneca Brava», de Manuel Portas. Crónica en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha crónica sobre a presentación de Faneca Brava, de Manuel Portas.   «Faneca Brava» en Vigo Excelente o serán na Feira do Libro de Vigo no que Manuel Portas presentou Faneca Brava, Manuel Rivas fixo unha lectura d’ As voces baixas e Elena Gallegoasinou exemplares da súa triloxía Dragal.

Marina Mayoral: «Gústame que sexa o lector quen decida o que quere crer». Entrevista de Fran P. Lorenzo

Fran P. Lorenzo publicou en El Correo Gallego unha información sobre a novela O anxo de Eva de Marina Mayoral. «Gústame que sexa o lector quen decida o que quere crer» Marina Mayoral publica ‘O anxo da Eva’, unha narración sobre o amor nas fronteiras do real “O que me gusta é que sexa o lector o que decida o que quere crer. É a mesma postura que teño na vida.

Daniel Salgado gaña o Premio López Abente de Poesía con «Os tempos sombrizos (Diario)», que publicará Xerais

O escritor Daniel Salgado resultou vencedor onte do Premio López Abente de Poesía con Os tempos sombrizos (Diario), un poemario que publicará Xerais. Segundo salienta o xurado na acta da concesión do premio, o poemario leva a cabo unha «construción do discurso a xeito de diario que amosa o compromiso anticapitalista a través do diálogo cos principais referentes ideolóxicos na loita pola liberdade e a xustiza social.

Carlos G. Reigosa explora a relación do Premio Nobel con Galicia en «A Galicia máxica de García Márquez». Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou o pasado sábado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro A Galicia máxica de García Márquez, de Carlos G. Reigosa.     García Márquez e nós Converteuse case nun lugar común entre nós, ao falarmos de García Márquez, aludir á existencia da súa avoa galega chamada Tranquilina Iguarán.

As dificultades dun xornalista que dirixe un periódico de esquerdas: «Os xornalistas utópicos», de Manuel Veiga. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre Os xornalistas utópicos, a nova novela de Manuel Veiga, que aconsella ler vivamente.     Memoria profesional, histórica e ata dunha xeración Manuel Veiga recrea en ‘Os xornalistas utópicos’ unha novela do oficio do xornalismo. Un oficio que coñece ben, xa que foi o último director do malogrado ‘A Nosa Terra’.

Crónica da presentación en Ourense de «As vidas de Nito», de Xabier Paz

A revista Tempo de Lecer Ourense publicou unha información sobre a presentación da novela As vidas de Nito de Xabier Paz.

Marina Mayoral: «A imaxinación é o que permite transformar o mundo». Entrevista de Ramón Rozas

Ramón Rozas publica unha longa entrevista no Diario de Pontevedra con Marina Mayoral pola súa nova novela O anxo de Eva. Nela, a escritora galega asegura, entre outras moitas cousas, que «a imaxinación é o que permite transformar o mundo». Aquí poden descargarse as dúas páxinas en pdf.

Unha gran novela: «A noite branca», de Francisco Fernández Naval. Artigo de Xavier Alcalá

Xavier Alcalá dedicou un artigo en La Voz de Galicia á novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval.   «A noite branca» Expertos con ‘auctoritas’ sobre os sistemas literarios falan da súa ‘consolidación’, e consideran mostra dela o existiren obras volumosas de autores con traza de seguir a facelas.

Camiñar pola vida: «O anxo de Eva» de Marina Mayoral. Crítica de Ramón Rozas

Camiñar pola vida: «O anxo de Eva» de Marina Mayoral. Crítica de Ramón Rozas

Ramón Rozas publicou en El Progreso unha recensión crítica sobre a novela O anxo de Eva de Marina Mayoral. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf.