Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2013

As novas tendencias da novela negra: «Todo ok», «A punta de pistola» e «Sarou / Louzós»

Ramón Nicolás publicou o no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre as novas tendencias da novela negra en Galicia, incluíndo unha selección de cinco novelas, entre as que hai tres de Xerais: Todo ok, de Diego Ameixeiras; A punta de pistola, de Fran Alonso, e Sarou / Louzós de Ramón Caride.

Astérix volverá falar galego da man de Xerais. Información no blog Qadriños de Praza Pública

Praza Pública publica unha información titulada «Astérix volverá falar galego da man de Xerais» que remite ao blog Qadriños, da man de Eduardo Maroño.     Astérix volverá falar galego da man de Xerais Eduardo Maroño repasa en Qadriños, o blog de Praza Pública sobre banda deseñada, o regreso de Astérix á lingua galega Unha boa nova para os afeccionados galegos á banda deseñada.

Unha novela de realismo aumentado: «Os xornalistas utópicos», de Manuel Veiga. Crónica en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a novela Os xornalistas utópicos, de Manuel Veiga.

Testemuña do exilio interior: «Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida». Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet,  unha recensión crítica sobre o libro de homenaxe Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, coordinado por Ramón Nicolás.     Homenaxe necesaria e memoria dunha época Coordinado polo profesor e crítico literario Ramón Nicolás aparece esta biografía, estudo e homenaxe á figura de Manuel Lueiro Rey.

Contar o desacougo con mestría: «Vidas exemplares», de Uxía Casal. Crítica de María Reimóndez

A escritora María Reimóndez publica en A Sega unha recensión crítica sobre Vidas exemplares, de Uxía Casal.      A mestra do desacougo ou a normalidade como trastorno Aínda que a primeira vista puidese parecer o contrario, o medo e o terror son sentimentos e estados humanos que están ben lonxe de verse libres das percepcións de xénero.

A imaxinaria estirpe galega: «A Galicia máxica de García Márquez», de Carlos G. Reigosa. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre o libro A Galicia máxica de García Márquez, de Carlos G. Reigosa.

Primeiro avance das novidades de Xerais de setembro e outubro

Adiantamos algunhas das novidades que aparecerán nos meses de setembro e outubro: En XERAIS NARRATIVA publicaranse O bosque é grande e profundo, novela de Manuel Darriba; Dióxenes en Dolorida de Ignacio Vidal Portabales, premio Blanco Amor de novela 2012; ademais de Cadeas, premio Xerais de novela 2013, de Xabier López.

Xerais na Praza dos Libros de Carballo

Xerais estará presente o domingo 25 de agosto en dúas das actividades da Praza dos Libros organizada polo concello de Carballo. Ás 12:00 horas, Manuel Rivas asinará exemplares d’ As voces baixas e do resto da súa obra. Durante esa mañá, todas as persoas que merquen un libro serán agasalladas cun pan de Carballo. Ás 18:00 horas, Xosé Neira Vilas presentará os libros Cancela Aberta (Xerais) e Aquel Neno (Embora).

«Os xornalistas utópicos», presentación na Feira do Libro de Monforte

O venres 23 de agosto, ás 20:00 horas, na Feira do Libro de Monforte (rúa do Cardeal), será presentada a novela Os xornalistas utópicos de Manuel Veiga. No acto acompañarán ao autor César Lorenzo e o editor Manuel Bragado.

Grande altura narrativa: «Días que non foron», de Luís Rei Núñez. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou o no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro Días que non foron, de Luís Rei Núñez.

Xerardo Agrafoxo: «O Cantino era humilde e traballador». O 36 no Concello de Noia

El Correo Gallego publica unha entrevista de María J.

A paixón pola poesía e pola música: «Un rato díxolle á lúa», de Antonio García Teijeiro. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha recensión crítica de Un rato díxolle á lúa, a antoloxía poética de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez.