Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2013

O sangue galego do escritor colombiano: «A Galicia máxica de García Márquez», de Carlos G. Reigosa

O blog As vidas privadas de V. do Rexo publicou unha anotación sobre o libro A Galicia máxica de García Márquez, de Carlos G. Reigosa.   A Galicia máxica de García Márquez, de Carlos G.

A valentía da escrita de María Reimóndez: «En vías de extinción». Artigo de Mercedes Queixas

Sermos Galiza publicou un artigo de Mercedes Queixas sobre a novela En vías de extinción de María Reimóndez.     En vías de extinción Remato a lectura de En vías de extinción de María Reimóndez coa sensación de ter prendido nas múltiples pólas enredadas nesta fraga propia, que non en propiedade, que nos acolle na súa estrutura interna.

Unha novela para gozar: «Faneca Brava», de Manuel Portas. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha recensión crítica sobre Faneca Brava, de Manuel Portas.   Faneca Brava Recoñezo que tardei en lle meter o dente por unha cuestión puramente persoal: que se era diferente ás anteriores, que quizais non gustaba tanto, que… e que a min non me gusta nada o título… Por fin, aquí está: asegurar que os meus prexuízos erraron. Unha vez máis.

A crueldade dun tempo ominoso: «A vitoria do perdedor», de Carlos G. Reigosa. Crítica de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre a novela A vitoria do perdedor, de Carlos G. Reigosa.   O vingador anarquista A obra de Carlos G. Reigosa ‘A Vitoria do Perdedor’ volve a facer xustiza cos perdedores da Guerra Civil. Un libro que contribúe á xusta condena dun tempo ominoso, escuro, déspota e criminal. Artigo de Xosé Manuel Eyré.

Suso de Toro escribe sobre a Galicia que non foi a través de 30 personaxes. Reportaxe de Xosé Hermida sobre «Inmateriais»

El País publicou unha reportaxe de Xosé Hermida sobre sobre Inmateriais, de Suso de Toro.     Suso de Toro retrata la Galicia que pudo haber sido a través de 30 personajes El escritor publica ‘Inmateriais’, un libro con semblanzas heterodoxas de artistas y politicos gallegos Su autor lo entiende como un retablo de personajes de la Galicia que pudo haber sido y desapareció por el camino.

Ramón Nicolás: «Lueiro non é un autor canonizado e debería selo»

O libro de homenaxe Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, coordinado por Ramón Nicolás, volve poñer en valor a figura do autor de Fornelos de Montes, onde foi presentado o libro o pasado venres 9 de agosto. Ramón Nicolás recolleu no seu blog unha anotación sobre o eco que o libro está a ter nos medios, incluíndo un artigo do propio crítico que reproduce fotografías da presentación.

Manuel Veiga: «A Transición é un período apaixoante porque non se sabía cara onde ía ir». Entrevista de Jaureguizar

El Progreso publicou unha entrevista de Jaureguizar a Manuel Veiga, que acaba de publicar a súa última novela Os xornalistas utópicos. Jaureguizar publicara con anterioridade un chío recomendando esta novela.     Manuel Veiga: «Asistín a un mitin de Blas Piñar porque me interesan os extremos» O culto e o popular non están tan lonxe.

Cada libro de Dragal supera o anterior: «Dragal III. A Fraternidade do Dragón», de Elena Gallego Abad. Anotación en Libros Lectureka

Libros Lectureka publica unha anotación de lectura sobre Dragal. A fraternidade do dragón, de Elena Gallego Abad.   Dragal III. A Fraternidade do Dragón ¡Por fin he leído el tercer libro de la saga fantástica que arrasa en Galicia! Por supuesto, hablo de Dragal III. A Fraternidade do Dragón. La reseña de la primera parte aquí. La reseña de la segunda parte aquí. La entrevista a la autora para Libros Lectureka! aquí.

Sobre a morriña de García Márquez: Carlos Reigosa e o seu libro «A Galicia máxica de García Márquez». Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas dúas anotacións sobre o libro A Galicia máxica de García Márquez, de Carlos G. Reigosa, unha delas centrada no acto de presentación. Tamén a información de EFE tivo amplo eco nos medios.

Precioso poemario: «Raíz da fenda», de Berta Dávila. Anotación en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre Raíz da fenda de Berta Dávila, Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu.   Raíz da fenda Precioso poemario de Berta Dávila publicado por Xerais: Raíz da fenda, un soporta da quebra que chega ata as entrañas da dor.

Fornelos de Montes homenaxea a Manuel Lueiro Rey

Fornelos de Montes homenaxea a Manuel Lueiro Rey

Manuel Bragado fai no seu blog unha crónica da presentación en Fornelos de Montes do libro Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida. En día tan sinalado como o do comezo das festas do San Lourenzo presentamos no salón de plenos do concello de Fornelos de Montes o libro de homenaxe ao escritor Manuel Lueiro Rey.

«A Galicia máxica de García Márquez», roda de prensa en Compostela

O mércores 14 de agosto, ás 12:00 horas, na Biblioteca do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, Praza do Obrdaoiro s/nº) terá lugar unha roda de prensa para presentar as edicións en galego (Xerais) e castelán (Auga Editora) do libro A Galicia máxica de García Márquez de Carlos G. Reigosa. No acto acompañarán ao autor, os editores Xosé A. Perozo e Manuel Bragado.