Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2013

O libro de homenaxe a Manuel Lueiro Rey presentarase nas festas de Fornelos de Montes

Carme Vidal publica en Sermos Galiza unha reportaxe sobre o libro Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, que será presentado o venres 9 de agosto, ás 12:00 horas no salón de plenos do concello de Fornelos de Montes. Son as festas de San Lourenzo en Fornelos de Montes e o programa de celebracións deste ano recolle a presentación dun libro. Non é habitual que aconteza. Tampouco o libro. Trátase de Manuel Lueiro Rey.

Manuel Portas presenta «Faneca Brava» na Feira do Libro da Coruña

Manuel Portas presenta «Faneca Brava» na Feira do Libro da Coruña

Manuel Bragado publica no seu blog unha crónica da presentación de Faneca Brava, a novela recente de Manuel Portas, na Feira do Libro da Coruña. No que foi o noso derradeiro serán este ano na Feira do Libro da Coruña, acompañamos a Manuel Portas na presentación de Faneca Brava, a súa novela máis recente.

Conversa de Dores Tembrás e Berta Dávila arredor de «Raíz da fenda»

Conversa de Dores Tembrás e Berta Dávila arredor de «Raíz da fenda»

Manuel Bragado publica no seu blog a crónica da terceira xornada na feira do Libro da coruña na que se presentou o libro de Berta Dávila Raíz da fenda. Antes de iniciar a conversa, Dores Tembras fixo un discurso contextualizador. Confesou que compartía con Berta «o amor por Valente e Pizarnik». Parabenizou despois a Xerais por incluír Raíz da fenda na súa recomendación de lecturas do vindeiro curso para Secundaria.

Mercedes Queixas presenta «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro» na Feira do Libro da Coruña

Mercedes Queixas presenta «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro» na Feira do Libro da Coruña

Manuel Bragado publica no seu blog a crónica da presentación na segunda xornada da Feira do Libro da Coruña do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. Na segunda xornada da Feira do Libro da Coruña, encantoume a presentación que Mercedes Queixas fixo da biografía de Celso Emilio Ferreiro que escribiu Ramón Nicolás.

Luís Rei Núñez e Bautista Álvarez presentan os seus libros de relatos na Feira do Libro da Coruña

Luís Rei Núñez e Bautista Álvarez presentan os seus libros de relatos na Feira do Libro da Coruña

Manuel Bragado publica no seu blog a crónica das presentación da primeira xornada da Feira do Libro da Coruña, a dos libros de relatos Días que non foron de Luís Rei Núñez e Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez: Pasamos o día enteiro na Coruña, na xornada de inauguración da Feira do Libro da Coruña, o evento editorial máis relevante do ano no país.