Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2013

Antonio Manuel Fraga: «Creo que lle collín gusto a escribir». Entrevista de Bea Abelairas co gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2013

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Bea Abelairas a Antonio Manuel Fraga sobre o libro O Castañeiro de abril, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013.

Xabier López López: «’Cadeas’ é unha novela que se cuestiona a si mesma». Entrevista en Radiofusión co gañador do Premio Xerais 2013

Radiofusión publica unha entrevista a Xabier López López sobre Cadeas,  a novela gañadora do Premio Xerais 2013. O autor asegura que Cadeas é unha novela que se cuestiona a si mesma. A entrevista pode escoitarse neste enlace.

“A miña primeira Rosalía” en concerto en Santiago

O venres, 1 de novembro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal de Santiago, terá lugar o concerto “A miña primeira Rosalía”, no que participan Mero, María Manuela, Xiana Lastra e Mini. Este acto, patrocinado por AGADIC, Xunta de Galicia e Concello de Santiago e producido por Seispés, está organizado arredor do libro A miña primeira Rosalía publicado por Xerais.

Ata os límites da dexeneración da civilización humana: «O bosque é grande e profundo», de Manuel Darriba. Crítica de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre O bosque é grande e profundo, de Manuel Darriba.  O bosque é grande e profundo, de Manuel Darriba Posfábula Exploratoria Volve aos trinques Manuel Darriba con «O bosque é grande e profundo», unha novela que Xosé Manuel Eyré describe como desacougante e que pon as personaxes nunha situación humanamente extrema.

Unha novela distinta e suxestiva: «Cadeas», de Xabier López López, novela gañadora do Premio Xerais 2013

Ramón Nicolás publicou o no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Cadeas, de Xabier López López,  novela gañadora do Premio Xerais 2013.   Labirintos de vida e literatura Hai dúas semanas comentábase aquí a novela 1989 que Xabier López publicara había pouco tempo.

X. L. Méndez Ferrín recibe o Premio Otero Pedrayo

O escritor Xosé Luís Méndez Ferrín recibiu o sábado en Ourense o Premio Otero Pedrayo, tal e como informan diversos medios de comunicación. Reproducimos a información do Faro de Vigo, xornal do que o escritor de Vilanova dos Infantes é colaborador habitual.

A renovación da literatura infantil galega: «O Castañeiro de abril», de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de O Castañeiro de abril, de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, ilustrado por Antonio Seijas.   Cos dous Antonios en Pontedeume É un feito esperanzoso o relevo xeracional que comeza a producirse na nosa produción cultural.

Un malabar que nos abraia: «ruído de fondo», de Daniel Salgado. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha recensión crítica sobre ruído de fondo, de Daniel Salgado.   Ruído de fondo Daniel Salgado é o autor de Ruído de fondo publicado por Xerais. Poemas que falan do caos, da desorde, de balbordo, do tempo. A rutura do poema para falarmos de violencia e angustia, de escuridade e claridade.

A densidade de «transmuta», de Xabier Cordal. Anotación no blog craneoprixilexiado

O blog craneoprixilexiado publicou unha anotación sobre transmuta, de Xabier Corda.

Presentación de “Vento e chuvia” de Manuel Gago en Santiago

O mércores, 30 de outubro, ás 20:00 horas na Igrexa da Universidade, Praza da Universidade en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Vento e Chuvia de Manuel Gago e ilustrado por Manel Cráneo. Participarán Manuel Bragado (director de Xerais), Marco García Quintela (catedrático de Historia Antiga da USC), Manel Cráneo e Manuel Gago.

Xabier López López, Premio Xerais de Novela 2013: «O mundo reinvéntase con cada libro»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Xabier López López pola publicación de  Cadeas, novela gañadora do Premio Xerais 2013.

Literatura contra o paro: «O Castañeiro de abril». Entrevista con Antonio Manuel Fraga, gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, en Radiofusión

Radiofusión emitiu unha entrevista a Antonio Manuel Fraga sobre o libro O Castañeiro de abril, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013.  A entrevista pode escoitarse aquí.     Literatura contra o paro “O castañeiro de abril” trata a historia de Baltasar, un neno cego que vive nun barrio gris baixo o xugo de dúas tías crueis cuxa vida dá un envorco aventureiro cando coñece ao personaxe que dá título á novela.