Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2013

«O raposo e a mestra», o novo conto infantil de Manuel Rivas, homenaxea o Pindo e o labor das mestras

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre  O raposo e a mestra, o novo conto infantil de Manuel Rivas ilustrado por Jacobo Fernández Serrano.     «O raposo e a mestra» Foi onte para o prelo O raposo e a mestra, o conto infantil deManuel Rivas ilustrado por Jacobo Fernández Serrano.

Novidade: «Isóbaras», de Gustavo Pernas Cora, Premio Álvaro Cunqueiro 2012

Isóbaras, de Gustavo Pernas Cora, Premio Álvaro Cunqueiro 2012, editado en colaboración con AGADIC, é unha das novidades deste outono.   Premio Álvaro Cunqueiro 2012 A cegueira é unha reflexión sobre a banalidade do mal. Os seus personaxes participan nunha cerimonia do horror. Ninguén pode fuxir desta eucaristía.

Presentación en Pontevedra de “Pontevedra nos anos do medo” de Xosé Álvarez Castro

O luns, 11 de novembro, ás 20:00 horas, no Paraninfo do IES Valle Inclán, Avda Montero Ríos, s/nº de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939) de Xosé Álvarez Castro. No acto participarán Xosé Carlos Morgade Martínez, Manuel Bragado e Xosé Álvarez Castro. Colabora a librería Paz de Pontevedra.

O fillo de Tolkien fala do dicionario galego-castelán que o autor de «O hobbit» tiña na súa biblioteca

Xesús Fraga publica en La Voz de Galicia unha reportaxe para a que entrevistou ao fillo de J. R. R. Tolkien, porque o seu pai posuía un dicionario de galego-castelán na súa biblioteca. Xerais publicou en galego O hobbit e os tres volumes de O señor dos Aneis.

Novidade: A cegueira, de Marcos Abalde Covelo, Premio Álvaro Cunqueiro 2011

A cegueira, de Marcos Abalde Covelo, Premio Álvaro Cunqueiro 2011, editado en colaboración con AGADIC, é unha das novidades deste outono.   Premio Álvaro Cunqueiro 2011 A cegueira é unha reflexión sobre a banalidade do mal. Os seus personaxes participan nunha cerimonia do horror. Ninguén pode fuxir desta eucaristía.

Manuel Gago: «Queremos tender unha ponte entre os que habitaron os castros e a xente do século XXI». Entrevista en Radio Obradoiro

Radio Obradoiro emitiu unha entrevista a Manuel Gago polo seu libro sobre Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de próxima aparición. A entrevista pode escoitarse neste enlace.

Manuel Darriba: «O peor da condición humana pode aflorar á superficie en calquera lugar». Entrevista no Zig Zag

O escritor e xornalista Manuel Darriba foi entrevistado no programa ZigZag da TVG para falar a súa novela O bosque é grande e profundo.

Nova novela de Pedro Feijoo: «A memoria da choiva», un thriller literario

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre A memoria da choiva, a nova novela Pedro Feijoo.       «A memoria da choiva», thriller literario Foi este Samaín moi chuvioso na terra nosa e, no meu caso, moi rosaliano.

Novidade: «O refugallo», de Paula Carballeira, Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil

O refugallo, de Paula Carballeira, Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, editado en colaboración con AGADIC, é unha das novidades deste outono. Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011 Isolda ten un libro de viaxes; Hipatia, un telescopio; Borboronte, unha tartaruga (aínda que as tartarugas non se teñen, só están contigo) e Lustucrú, unha pata de pau.

Unha novela que me gustou moito: «Costa do Solpor» de Xosé Mª Lema. Texto de Carmen Cotelo

O blog sobre Costa do Solpor reproduce un texto da xornalista Carmen Cotelo sobre a novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema.   Lin Costa do Solpor, unha novela de mar e aventuras con personaxes atípicos, metáforas cara ao presente e cun idioma moi coidado Lin Costa do Solpor, de Xosé Mª Lema, este verán. Unha novela de mar e de aventuras parece que pide bonanza meteorolóxica e mar, moito mar.

Novidade: «Matarte lentamente», de Diego Ameixeiras. A modernización da novela negra

Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras é unha novidade da colección Narrativa Na reunión de preferentistas o avogado explica aos afectados que as participacións preferentes son emisións perpetuas cuxo problema é a falta de liquidez inmediata.

Novidade: VII Premio Diario Cultural de teatro radiofónico 2013

O VII Premio Diario Cultural de teatro radiofónico 2013, publicado en coedición coa Radio Galega, é unha das novidades deste outono. Desde #Chovencartos de Eva F.