Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2013

Entrevista a Roque Camellese no programa A Revista por «O pequeno mago»

No programa A Revista, da TVG, entrevistaron a Roque Cameselle pola aparición do libro e a película O pequeno mago. A entrevista pode verse neste enlace a partir do minuto 13:20.

Un booktrailer para «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz, que supera os 90.000 exemplares vendidos

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz, que supera estes días os 90.000 exemplares vendidos e se reedita unha vez máis apoiado por un booktrailer sobre o libro.   «Cartas de inverno», o booktrailer Hai libros que traen un pan dentro das súas páxinas. A novela Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz é un deles.

María Solar: «Chorei cando escoitei a música da banda sonora do meu libro As meigas de Lupa»

O programa A tarde, da Radio Galega, entrevistou a María Solar (minuto 30, aprox.) pola saída da segunda edición do libro As meigas de Lupa, que inclúe un CD cunha Banda Sonora Orixinal sobre o libro feita polo músico galego David Alonso Garzón.

Presentación en Vigo de “Historia de Galicia” de Anselmo López Carreira

O venres, 8 de novembro, ás 20:00 horas, na librería Andel, avda Camelias, 102 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Historia de Galicia de Anselmo López Carreira. No acto participarán Manuel Bragado e o autor.

Cheo de frases que me fixeron pensar: «Ámote Leo A. Destino Xalundes», de Rosa Aneiros. A opinión dunha estudante

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión da estudante Rocío Fernández Cuíña sobre Destino Xalundes, de Rosa Aneiros, o primeiro volume da triloxía Ámote Leo A. «Ámote Leo A.

Gústoume moito: «Todos somos», de Marcos Calveiro. A opinión dunha estudante

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión da estudante Celtia Ansemil sobre de Todos somos, de Marcos Calveiro.   Todos somos O libro de Todos Somos de Marcos Calveiro gústame moito xa que trata sobre a criminoloxía (que é o que me gustaría facer nun futuro).

Berta Dávila: «Estou moi agradecida co que está a suceder con Raíz da fenda»

Ramón Nicolás publicou na revista Qué leer, nº 192 unha entrevista a Berta Dávila.   «Berta Dávila e as fracturas da poesía» ESTA POETA E NARRADORA CONSTITÚE UN DOS MÁIS NOVOS E SÓLIDOS VALORES DA LITERATURA GALEGA. FALAMOS CON ELA SOBRE O SEU TRABALLO CREATIVO.

Cartografías de Xela Arias

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no Faro de Vigo  un artigo sobre a escritora Xela Arias, que desenvolveu o seu labor profesional en Xerais durante dez anos (fotografía de Guillermo Cameselle).   Cartografías de Xela Arias Pasaron dez anos desque a inxusta ondada dun ataque ao corazón tronzase a existencia de Xela Arias, cando apenas contaba con corenta e un anos.

«Cadeas», de Xabier López López, encabeza os libros máis recomendados da Tabela do mes de novembro

Cadeas, de Xabier López López, novela gañadora do Premio Xerais 2013, sitúase no primeiro posto dos libros máis recomendados no mes de novembro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

«O bosque é grande e profundo», de Manuel Darriba: moi boas críticas, tamén na tradución ao castelán

A novela O bosque é grande e profundo, de Manuel Darriba, traduciuse ao castelán da man de Caballo de Troya, a editora do Grupo Mondadori dirixida polo editor Constantino Bértolo. A críticas da novela en Galicia están a ser moi boas e agora comezan a aparecer as primeiras críticas da tradución ao castelán.

Presentación en Oleiros de “Para unha crítica do españolismo” de Camilo Nogueira

O xoves, 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca de Santa Cruz de Oleiros, Camilo Nogueira impartirá unha conferencia arredor do seu libro Para unha crítica do españolismo. Estados e nacións.

Rosa Aneiros: «Quixen reivindicar e feminizar a Marco Polo». Entrevista en Radiofusión

Radiofusión emitiu unha entrevista a  Rosa Aneiros sobre a súa nova novela Destino Xalundes, primeiro volume da triloxía Ámote Leo A.  A entrevista pode escoitarse neste enlace.     Rosa Aneiros: «Quixen reivindicar e feminizar a Marco Polo» Leo é unha rapaza que quere abrirse a vida … Decide empregar 6.000 euros duns aforros nunha viaxe arredor do mundo durante 6 meses.