Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2013

Áxil, divertida e emocionante: «Marcopola 2. Os piratas da lúa», de Jacobo Fernández Serrano. Crítica de Ledicia Costas

Ledicia Costas publicou unha recensión crítica de Marcopola 2. Os piratas da lúa, de Jacobo Fernández Serrano na web da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil).   «Marcopola 2.

Novela que sorprende o lector: «Cadeas», de Xabier López López. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre o Premio Xerais 2013

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Cadeas, de Xabier López López,  novela gañadora do Premio Xerais 2013.   Aposta pola experimentación Os premios literarios máis rechamantes son os de novela.

A vivencia do «descentrarse»: «Presente continuo», de María Reimóndez. Crítica de Ramón Nicolás

  Ramón Nicolás publicou o no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre os tres poemarios que publicou recentemente María Reimóndez, entre eles Presente continuo, editado por Xerais. .

O marabilloso concerto en torno ao libro-disco «A miña primeira Rosalía». Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o concerto realizado sobre o libro-disco A miña primeira Rosalía, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales. Así mesmo, a edición compostelana de La Voz de Galicia publicou unha entrevista con Xiana Lastra que poder lerse ou descargarse neste enlace.

«Cadeas», en Narrativa; «Historia de Galicia», en Ensaio-Teatro; «Dragal III. A fraternidade do Dragón», en Infantil-Xuvenil; e «Astérix e os Pictos», en Banda Deseñada, encabezan os libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas. Cadeas, de Xabier López López, en Narrativa; Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira en Ensaio-Teatro; Dragal III.

O primeiro Astérix sen Goscinny e Uderzo parécese aos de sempre

La Voz de Galicia publica unha información de Rubén Santamarta sobre Astérix e os Pictos, o novo álbum da colección clásica de Astérix.

Unha das obras máis orixinais e innovadoras dos últimos anos: «O bosque é grande e profundo», de Manuel Darriba. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica da novela sobre O bosque é grande e profundo, de Manuel Darriba.

Unha historia fermosa que me fixo vibrar: «O Castañeiro de Abril», de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013

Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre O Castañeiro de Abril, de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, ilustrado por Antonio Seijas.   O Castañeiro de Abril O Premio Merlín de Literatura Infantil 2013 de Xerais déixame moi bo sabor de boca: un relato ben feito coa dose xusta de fantasía, amor, aventura e sufrimento.