Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2013

Novela intelectual e ironica: «Dióxenes en Dolorida» de Ignacio Vidal Portabales. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Dióxenes en Dolorida de Ignacio Vidal Portabales, XXX Premio Blanco Amor de Novela.       Novela intelectual Un dos subxéneros novelescos da modernidade é a chamada novela intelectual. Nela o argumento ten moi pouca importancia ou incluso a psicoloxía dos personaxes.

Manuel Rivas supera o milleiro de seguidores en Twitter nun día

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presenza do escritor Manuel Rivas en Twitter.   Rivas en Twitter No seu primeiro día en Twitter Manuel Rivas superou o milleiro de seguidores. Coincidiu esa exitosa saida coa impresión das primeiras planas da revista Luzes que codirixe con Josito Pereiro e que se presentará o sábado en Culturgal.

Programa de Xerais no Culturgal 2013

Xerais estará presente no Culturgal 2013, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra o 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro. Aquí o programa de presentacións, conversas con autores e autoras da editorial. Venres 29 de novembro 13:15 horas, Espazo do libro: Encontro con lectores  de Marcos Calveiro, autor de Todos somos.

Presentación «Vento e chuvia» en Vigo

O venres, 29 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Andel, avenida das Camelias 102, terá lugar a presentación do libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia de Manuel Gago e ilustrado por Manel Cráneo. Neste acto os autores, acompañados de Ramón Domínugez, contarán o making of do proxecto.

Anselmo López Carreira: «Un pobo que descoñece a súa historia descoñece o seu presente». Reportaxe no ZigZag sobre «Historia de Galicia»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha reportaxe sobre o seu libro Historia de Galicia de Anselmo López Carreira.

Manuel Gago: «Sabemos máis de 300 nomes de persoas da época dos castros». Entrevista no ZigZag da TVG sobre «Vento e chuvia»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista de Pilar Rego a Manuel Gago polo seu libro sobre Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia.

Reloxaría Feijoo. Anotación de Ramón Nicolás sobre o autor de «A memoria da choiva»

Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da crítica unha anotación sobre a presentación en Vigo de A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.   Reloxaría Feijoo Non falo do presidente, abofé que non.

«Dragal», de Elena Gallego, o dragón que bota lume na rede

Sermos Galiza publica unha reportaxe de Carme Vidal sobre a triloxía Dragal, de Elena Gallego Abad.   Un dragón bota lume na rede Unha “Dragalpedia” e unha “Topoteca” son os primeiros chanzos do Proxecto Dragal, a expansión da historia do dragón creada pola escritora Elena Gallego Abad á rede.

Ramón Nicolás estará hoxe no Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Silleda con «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro»

O crítico e escritor Ramón Nicolás estará presente esta tarde no Club de Lecturada Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda para falar de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, a biografía do poeta celanovés que foi galardoada co Premio Losada Diéguez.

Lalo Carnota publica na súa web o vídeo sobre a gravación da banda sonora de «A Terra Queima», que leva texto de Xurxo Souto

Lalo Carnota publicou na súa web o vídeo da gravación do CD do libro-disco A terra queima, álbum infantil interdisciplinar que parte dun proxecto do propio Lalo Carnota, con música súa, con texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro.

O territorio da fisura: «Raíz da fenda» de Berta Dávila. Anotación de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre Raíz da fenda de Berta Dávila (XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu).   Territorio da fenda O destino do ser humano é enfrontarse á soidade. Chego a esta conclusión logo da lectura da primeira » fisura» de Raíz da fenda, o poemario de Berta Dávila editado por Xerais.

Gocei coa lectura deste libro: «O Castañeiro de Abril», de Antonio Manuel Fraga. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da crítica unha recensión crítica sobre O Castañeiro de Abril, de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, ilustrado por Antonio Seijas.     O Castañeiro de Abril, de Antonio Manuel Fraga Conclúo a derradeira páxina do libro e sei que este Premio Merlín 2013 acada, logo de pouco máis de un mes da súa distribución, a segunda edición.