Non é o que o lector agarda, pero si o que o lector precisa: «Todos somos», de Marcos Calveiro. Crítica de Berta Dávila
Berta Dávila publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica de Todos somos, de Marcos Calveiro.
Publicado o 26 Novembro, 2013 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Xuvenil
Berta Dávila publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica de Todos somos, de Marcos Calveiro.
Publicado o 26 Novembro, 2013 nas categorías Crónica, Entrevistas, Lingua, Radio
Radiofusión emitiu unha entrevista con Xosé Henrique Costas sobre o seu libro O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura). A entrevista pode escoitarse neste enlace.
Publicado o 26 Novembro, 2013 nas categorías Entrevistas, Narrativa
O Atlántico publicou unha entrevista de Ana Baena a Pedro Feijoo sobre a súa novela A memoria da choiva. «Non me gustan os heroes capaces de facelo todo, os meus personaxes teñen defectos» Pedro Feijoo (Vigo, 1975) anda inmerso en plena campaña de promoción de “A memoria da choiva”, a súa segunda novela. Despois do éxito da súa ópera prima, “Os fillos do mar”, a expectación é máxima.
Publicado o 26 Novembro, 2013 nas categorías Artigos literarios, Autores, Infantil
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Faro de Vigo un artigo de opinión sobre o ingreso de Fina Casalderrey na Real Academia Galega. Fina académica O ingreso na Real Academia Galega de Fina Casalderrey supón un fito de ouro para a literatura infantil e xuvenil galega.
Publicado o 26 Novembro, 2013 nas categorías Presentacións, Universitaria
O xoves, 28 de novembro, ás 19:30 horas, na Biblioteca Pública Anxel Casal, avda Xoán XXIII, s/nº de Santiago, terá lugar a presentación de O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas. de Xosé-Henrique Costas. No acto participarán Francisco Fernández Rei, Manuel Bragado e o autor.
Publicado o 26 Novembro, 2013 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Sopa de Libros
Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre O raposo e a mestra, o novo conto infantil de Manuel Rivas ilustrado por Jacobo Fernández Serrano. O raposo e a mestra Que Manuel Rivas publique un libro sempre é unha boa nova. Que o libro sexa infantil aínda provoca maior delicia.
Publicado o 26 Novembro, 2013 nas categorías Presentacións, Universitaria
O xoves, 28 de novembro, ás 20:00 horas, no Hotel Os Galeóns de Vigo, Anselmo López Carreira falará do seu libro Historia de Galicia. O acto está organizado pola Asociación Pertenza.
Publicado o 25 Novembro, 2013 nas categorías Entrevistas, Poesía
Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Xabier Cordal, autor de transmuta. «O esganamento do sector cultural é unha vendetta, oriéntase a ir eliminando un vello adversario político» Tomar partido. Interiorizar a violencia que sufriu a xeración máis empobrecida da posguerra e reaccionar ante ela. Reaxir ante a dor. Ante a opresión. De antes e de agora.
Publicado o 25 Novembro, 2013 nas categorías Críticas, Estudos literarios, Monografías
Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha unha recensión crítica de Historia da Literatura Galega I, de Xosé Ramón Pena.
Publicado o 25 Novembro, 2013 nas categorías Entrevistas, Narrativa
Ramón Nicolás publicou no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha entrevista a Pedro Feijoo sobre a súa novela A memoria da choiva. Pedro Feijoo: «Adriano é un Hannibal Lecter do país» —Como se concibiu esta novela? —O proceso foi longo, vén xa de moi atrás. Sempre sospeitei que en Rosalía había moito máis do que se contaba e supoño que comecei a darlle voltas hai ben de tempo.
Publicado o 25 Novembro, 2013 nas categorías Crónica, Entrevistas, Lingua, Radio
O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Xiana Arias a Xosé Henrique Costas sobre o seu libro O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura).
Publicado o 25 Novembro, 2013 nas categorías Álbums, Libro–disco, Presentacións, Vídeos
Sermos Galiza publica unha reportaxe de Carme Vidal sobre A terra queima, un libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar que parte dun proxecto do músico Lalo Carnota, con música súa, con texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro. O libro foi presentado o sábado á tarde na Coruña.