Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2013

Presentación «O bosque é grande e profundo» en Lugo

O mércores, 27 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Trama, avenida da Coruña 21 de Lugo, terá lugar a presentación da novela O bosque é grande e profundo de Manuel Darriba. No acto participarán Xabier Cordal, Fran Alonso e o autor.

Presentación de “Feminismos” na Universidade de Birmingham

O mércores, 27 de novembro, ás 13:15 horas, no Ashley Building, Room 422 The Centre for Galician Studies of the University of Birmingham , terá lugar a prensentación de Feminismos de Olga Castro e María Reimóndez. No acto participará Olga Castro, Lecturer in Translation Studies and Spanish at the Aston University and Vice-president of the International Association for Galician Studies e coautora do libro.

Presentación de «Pontevedra nos anos do medo» en Cangas

Presentación de «Pontevedra nos anos do medo» en Cangas

O mércores, 27 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do concello de Cangas, Xosé Álvarez Castro presentará o seu libro Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939). O acto está organizado pola  Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de agosto e Xerais.

Unha historia que nos fai pensar en como actuamos: «O Castañeiro de Abril», de Antonio Manuel Fraga. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou en El Progreso e na Revista! do Diario de Pontevedra unha recensión crítica sobre O Castañeiro de Abril, de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, ilustrado por Antonio Seijas.

Thriller con universo literario galego: «A memoria da choiva», de Pedro Feijoo. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou o no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.     Thriller con teselas literarias Logo do indubidable éxito que supuxo Os fillos do mar unha segunda novela incorpora sempre un reto e unha aposta da que non sempre se cumpren as expectativas.

Manuel Veiga: «Deberiamos aproveitar a crise para mellorar». Entrevista de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con Manuel Veiga.     Parlamento das Letras Manuel Veiga   Con Manuel Veiga un ten a impresión de estar ante un veterano de todas as guerras. Malia a súa meridiana idade, acumulou tanta vida vivida que a estas alturas parece que ben pouco pode sorprendelo xa.

Manuel Gago: «Hai que humanizar os castros». Entrevista na Radio Galega co autor de «Vento e chuvia», magnífico divulgador

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou a a Manuel Gago polo seu libro sobre Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia.

A terra queima», un libro-disco de Lalo Carnota e Xurxo Souto para gozar lendo e escoitando. Anotación en Trafegando ronseis

Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre A terra queima, un libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar que parte dun proxecto do músico Lalo Carnota, con música súa, con texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro. O libro será presentado mañá á tarde na Coruña.

Fina Casalderrey: «Os pequenos lectores son máis novos ca nós, non menos listos». A escritora le hoxe o discurso de ingreso na RAG

A escritora Fina Casalderrey pronunciará hoxe en Pontevedra o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega. Con este motivo, La Voz de Galicia publica unha entrevista con ela. Tamén o Diario de Pontevedra publica unha interesante reportaxe de Belén López con distintas opinións sobre a obra e a figura da escritora. A reportaxe pode lerse ou descargarse neste enlace.

«Eu, pel» de Teresa González Costa: a opinión dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis as opinións dos seus alumnos e alumnas sobre sobre Eu, pel de Teresa González Costa.

Presentación «A memoria da choiva» en Vigo

Presentación «A memoria da choiva» en Vigo

O martes, 26 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Librouro , rúa Eduardo Iglesias 12 de Vigo, terá lugar a presentación da novela A memoria da choiva de Pedro Feijoo. No acto participarán Pedro Feijoo e Manuel Bragado que manterán un diálogo… a tres bandas.

Pedro Feijoo: «Este é o máis galego dos best sellers posibles». Entrevista sobre «A memoria da choiva»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a a Pedro Feijoo pola súa nova novela A memoria da choiva.