Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2013

A rebeldía de ler «Destino xalundes», de «Ámote Leo A.». Anotación en Brétemas sobre o libro de Rosa Aneiros

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou onte en Brétemas unha anotación sobre Destino Xalundes, de Rosa Aneiros, o primeiro volume da triloxía Ámote Leo A.    Rosa Aneiros coas lectoras de «Ámote Leo A.» Compartín con Rosa Aneiros a presentación na libraría Couceiro de Ámote Leo A. Destino Xalundes coa participación moi activa trinta alumnos e alumnas de cuarto de ESO do IES Eduardo Pondal de Santiago.

Darriba revisa Hansel e Gretel para «cuestionar» as normas sociais. Reportaxe de Jaureaguizar sobre a novela de Manuel Darriba

O xornalista e escritor Jaureguizar publica en El Progreso unha reportaxe sobre a novela O bosque é grande e profundo, de Manuel Darriba, baixo o título “Darriba revisa Hansel e Gretel para «cuestionar» as normas sociais”. A novela non está claro ata que punto a civilización é civilizada e a barbarie, bárbara». A reportaxe pode lerse ou descargarse neste enlace.

Un «must» absoluto: «Historia da Literatura Galega I», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Vicente Araguas

Un «must» absoluto: «Historia da Literatura Galega I», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou no Atlántico Diario unha recensión crítica de Historia da Literatura Galega I, de Xosé Ramón Pena. A recensión  pode lerse en pdf neste enlace.

Rosalía negra, na nova novela de Pedro Feijoo

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou onte en Brétemas unha anotación sobre  A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.   Rosalía negra Onte presentamos na Libraría Paz de Pontevedra A memoria de choiva de Pedro Feijoo. Foi unha conversa a tres bandas que moito pagou a pena e sempre lembrarei.

Henrique Costas: «Teñen unha conciencia identitaria moi forte por iso se ten conservado o idioma»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Jorge Lamas a Xosé Henrique Costas sobre o seu libro O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura).     Henrique Costas: «Teñen arcaísmos desaparecidos en Galicia hai séculos» O vigués Henrique Costas publica un libro sobre a fala estremeña derivada do galego Henrique Costas González ven de publicar, en Edicións Xerais, O valego.

A introspección emocional da inspectora Amaia Salazar: «Legado nos ósos», de Dolores Redondo. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou onte en Brétemas unha anotación sobre Legado nos ósos, a segunda novela da triloxía do Val de Baztán de Dolores Redondo, traducida por Ramón Nicolás.     Volve Dolores Redondo con «Legado nos ósos» Chegaron a Xerais os primeiros exemplares de Legado nos ósos, a segunda entrega da triloxía do Baztán de Dolores Redondo, a narradora vasca de pais galegos.

Unha trama trepidante de novela negra: «A memoria da choiva», de Pedro Feijoo. Anotación en Trafegando ronseis

Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.     A memoria da choiva Non sei se existe unha fórmula científica supersecreta que consiga que un libro ate a un lector ou unha lectora a unha cadeira e consiga telo amarrad@ ata que remate a súa lectura. De existir, está claro que Pedro Feijoo conseguiuna. Ollo, é unha arma letal para a que non hai antídoto.

Presentación «A Terra Queima» na Coruña

O sábado, 23 de novembro, ás 19:30 horas, na Biblioteca da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto-A Torre, Parque de Marte, s/nº, A Torre na Coruña, terá lugar a presentación do libro cedé A Terra Queima con música de Lalo Carnota e texto de Xurxo Souto. Os autores estarán acompañados de Manuel Bragado. A presentación está organizada pola Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto, a libraría Sisargas e Xerais.

A elementalidade das cousas máis fermosas: «O solpor da cupletista» de María Xosé Queizán. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica da novela O solpor da cupletista, de María Xosé Queizán.

Novidade: «Dos tempos sombrizos», de Daniel Salgado. Un refuxio contra a barabarie

Dos tempos sombrizos, de Daniel Salgado, é unha novidade da colección Poesía.   I Premio de Poesía Gonzalo López Abente Dos tempos sombrizos é un libro de poemas sobre o medo. Sobre un medo ás veces concreto e ás veces difuso. Sobre un medo histórico. Dos tempos sombrizos está escrito nunha lingua desprezada. Nunha lingua acosada. Nunha lingua de vencidos. É testemuño dunha derrota inmensa.

Un luxo: «A miña primeira Rosalía», un libro-disco para escoitar e aprender. Anotación en Rede Lectura

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre o libro-disco A miña primeira Rosalía, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales, é unha das novidades desta tempada.     A miña primeira Rosalía é un libro disco que continúa a estela daquel outro, O primeiro Celso Emilio, que Xerais fixera público o ano pasado.

Anotación de Ramón Nicolás sobre «Legado nos ósos», de Dolores Redondo

Ramón Nicolás publicou onte no seu blog Caderno da crítica unha anotación sobre Legado nos ósos, a segunda novela da triloxía do Val de Baztán de Dolores Redondo, da que o propio Ramón Nicolás é tradutor.