Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2013

Presentación de «Retallos daquela infancia» no Carballiño

O xoves, 5 de decembro, ás 20:30 horas, no Casino do Carballiño, terá lugar a presentación do libro Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, a Fundación Bautista Álvarez e Xerais, participarán Eladino Cabanelas, César Varela, Manuel Bragado e o autor.

«Escribir, unha viaxe á imperfección». Luís Rei Núñez no Club de Lectura «Lendo no Galiñeiro», con «Días que non foron»

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha anotación sobre o encontro que mantivo Luís Rei Núñez, entorno ao seu libro de relatos Días que non foron no Club de Lectura II do IES Valadares.

Presentación de «Caderno do Nilo» na Coruña

O mércores, 4 de decembro, ás 20:00 horas, no local de Portas Ártabas, Sinagoga 22, A Coruña,  terá lugar a presentación do libro Caderno do Nilo de Cesáreo Sánchez Iglesias. No acto participarán Antía Otero, Xavier Seoane, Manuel Bragado e o autor. O acto está organizado por Portas Ártabras e Xerais.

Presentación de «Cadeas» en Santiago

O mércores, 4 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro , praza de Cervantes 6 de Santiago terá lugar a presentación da novela Cadeas de Xabier López López, premio Xerais de novela 2013. No acto participarán Ramón Nicolás,  Fran Alonso e o autor.

Presentación en Santiago dos novos títulos da colección Biblioteca Dramática Galega

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Xerais presentan os novos títulos da colección Biblioteca Dramática Galega. O acto terá lugar o martes 3 de decembro, ás 19.00 horas, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6). –ISÓBARAS, de Gustavo Pernas Cora, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2012.

«A memoria da choiva» e «Caderno do Nilo» encabezan os libros máis recomendados na Tabela do mes de decembro

A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, e Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias, sitúanse no primeiro e segundo posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de setembro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Rosa Aneiros: «Escribir é viaxar e a viaxe de Leo é unha viaxe ao fondo de si mesma»

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Rosa Aneiros pola súa novela Destino Xalundes, primeiro volume da triloxía Ámote Leo A. (Fotos de Manuel G. Vicente).     «Nos 70 había polo menos conciencia de que había que loitar. Agora a sociedade parece rendida» Leo é unha moza que decide iniciar, soa, unha viaxe. Ao seu xeito, é unha rebelde que busca o seu propio camiño en contra da vontade dos demais.

Sempre sentiremos o latexo deste libro: «Cadeas», de Xabier López López. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou en El Progreso e no Diario de Pontevedra unha recensión crítica sobre Cadeas, de Xabier López López,  novela gañadora do Premio Xerais 2013.

Como o bo viño: «Matarte lentamente», de Diego Ameixeiras. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras.   Matarte lentamente Hai autores que son coma o viño: melloran cos anos. Este é o caso de Diego Ameixeiras, quen demostra a súa madureza con Matarte lentamente publicado por Xerais.

«A memoria da choiva», en Narrativa; «Historia de Galicia», en Ensaio-Teatro; e «Astérix e os Pictos», en Banda Deseñada, encabezan os libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas. A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, en Narrativa; Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira en Ensaio-Teatro; e Astérix e os Pictos, en Banda Deseñada, encabezan os listados dos libros máis vendidos.

Cesáreo Sánchez Iglesias: «Toda viaxe é unha viaxe ao centro da soidade». Entrevista de Ana Romaní sobre «Caderno do Nilo»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní a Cesáreo Sánchez Iglesias polo seu poemario Caderno do Nilo. O autor declara que «Caderno do Nilo naceu entre a nudeza e a desmesura nas miñas viaxes ao Nilo» e recoñece que toda viaxe é unha viaxe ao centro da soidade.

Tráiler da película de animación «O pequeno mago», de Roque Cameselle

Reproducimos un tráiler da película  O pequeno mago, de Roque Cameselle, baseado no álbum ilustrado do mesmo título.