Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2013

Dolores Redondo: «A miña avoa galega foi a que me introduciu no mundo máxico». Entrevista na Radio Galega

O programa Galicia por diante, da Radio Galega, emitiu unha entrevista con Dolores Redondo sobre a súa novela Legado nos ósos. A entrevista pode escoitarse neste enlace a partir do minuto 14,30. Nela, a autora navarra de orixe galego declara que foi a súa avoa galega a que a introduciu no mundo máxico, un mundo distinto, que convive co noso, pero que se mestura e traspasa espazos.

Recomendaríalle este libro a quen lle guste saber o final antes de ler toda a historia: «Agosto do 36», de Xosé Fernández Ferreiro. A opinión dunha estudante

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión da estudante Patricia Lázara Framiñán sobre Agosto do 36, de Xosé Fernández Ferreiro.   Agosto do 36 Este libro de Xosé Fernández Ferreiro cóntanos a historia de como fusilan a balazos a Gregorio e mais á súa muller Sara. Todo isto aconteceu na vila de Abades, en agosto do 36 pouco despois de iniciar a guerra.