Menu Xerais

A banda sonora orixinal do libro “As meigas de Lupa” foi seleccionada nos Premios Jerry Goldsmith

A segunda edición do libro As meigas de Lupa de María Solar , que estamos a preparar para o vindeiro outono, contará con banda sonora orixinal.

O músico galego David Alonso Garzón creou desinteresadamente esta composición tras quedar engaiolado polo libro de María Solar.

A Banda Sonora Orixinal d’ As meigas de Lupa composta por David Alonso Garzón foi preseleccionada nos premios Jerry Goldsmith do Festival Internacional de Música de Cine de Córdoba.

O compositor presentou toda a banda sonora do libro á categoría de Mejor Creación Libre. O luns 27 de maio saberanse os finalistas e o festival terá lugar do 23 ao 30 de xuño en Córdoba coa presenza de grandes compositores de BSO de todo o mundo.

David Alonso Garzón xa foi finalista en 2012  dos Premios “Jerry Goldsmith Music Awards” pola banda sonora da longametraxe “The Owner”. Realizou as bandas sonoras orixinais de longametraxes como “The Owner”(coprodución internacional na que participaron 12 países) ou “Myna se va”, asi como documentais como “KZ “e “La Espera” e gran número de curtametraxes internacionais para o mercado norteamericano. En publicidade, entre outros, compuxo para o xornal Marca e Google +.

Deixa un comentario!