Menu Xerais

A escritora María Xosé Queizán inaugura un blog

A escritora María Xosé Queizán acaba de inauguar un blog no que saúda «a aquelas persoas que se acheguen para establecer unha comunicación intelectual e persoal coa literata, incluída a faceta de xornalista, e como feminista que asocia a condición de política». A escritora afirma que se propón ser comprendida polas que teñan a ben asomarse a estas páxinas con boa fe».

A primeira anotación do blog é a recomendación dunha película de Margarethe von Trotta, titulada «Hannah Arendt», que se está a proxectar nestes momentos en Vigo.

María Xosé Queizán está a piques de publicar, da man de Xerais a novela O solpor do cupletisa, revisada pola autora e cun estudo sobre a vida da Bela Otero. A novela está no prelo e estará nas librerías a principios do vindeiro mes de novembro.

Comentarios pechados