Menu Xerais

A loita despiadada pola audiencia: «Todos somos», de Marcos Calveiro. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Todos somos, de Marcos Calveiro.

 

Atractivos fondo e forma

Invitación a reflexionar

Logo de publicar Festina lente, Setteccento, O pintor do sombreiro de malvas, O canto dos peixes ou Palabras de auga entre outros títulos, Marcos Calveiro ofrece aos lectores unha nova narración, Todos somos,que tendo como motivo fundamental a desaparición de Natalia, aborda outras temáticas como a loita despiadada pola audiencia, as frustracións do pasado que asolagan o presente ou a fraxilidade das relacións humanas.

O detonante dunha serie de comportamentos se- mella poñerse en funcionamento cando unha nena de doce anos falta da súa casa. Quizais con anterioridade a esta desaparición xa as circunstancias familiares non eran todo o positivo que se agardaba delas, mais mantiñan as formas e agora na casa de Antón a situación comeza a facerse insostible. 
O decorrer dos acontecementos fainos percibir de forma paralela varias historias aparentemente inconexas que chegan a explicar algún episodio que parece forzado ou pouco natural na narración e que semella responder máis ao desexo de criticar determinados comportamentos que ao de estar ao servizo da trama central.

Agora ben, o fondo e a forma da novela resultan atractivos; a sinxeleza e coidado do texto e o final aberto invitan o lector a reflexionar, quizais, acerca do que teñen ao seu redor.

 María Navarro

 

 

Deixa un comentario!