Menu Xerais

«A miña primeira Rosalía»: un libro indispensable

O blog Trafegando Ronseis publica unha anotación recomendando A miña primeira Rosalía, o libro cedé de Xiana e Xosé Lastra.

Un libro indispensable, un agasallo axeitado, unha aproximación acaída… Isto é máis é este A miña primeira Rosalía, de Xiana e Xosé Lastra con ilustracións de María Manuela, unha homenaxe a unha persoa que puxo a súa voz ao servizo da nosa lingua, das mulleres (e hoxe máis ca nunca canto o necesitamos) e dos máis desfavorecidos. Un libro-disco con doce pomes musicados interpretados por María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra.

Ademais, o libro ofrece unha breve antoloxía da poeta, xunta unha axeitada introdución á vida e á obra de Rosalía de Castro. Asemade, o libro-disco ofrece ilustracións que mesmo axudarán a sentir os poemas ao lectorado máis novo. Un libro, por tanto, para todos os sentidos.

Deixa un comentario!